
A preocupación pola sustentabilidade e o medio ambiente é un dos principais motores da nosa cooperativa. O obxectivo? Minimizar o impacto da nosa actividade na contorna natural. Por iso nos enorgullece tanto converternos na primeira láctea en conseguir o Certificado AENOR en Pegada de Carbono de Produto. Queres saber que é e por que significa este fito? Segue lendo!
Grazas ás nosas granxas de Leite Únicla, cun 20% menos de pegada de carbono, CLUN converteuse na primeira organización produtora de leite en España en conseguir a certificación de AENOR da Pegada de Carbono de Produto.
A pegada de carbono é unha ferramenta de medición que contribúe á redución de emisións de CO2 en produtos e organizacións para combater o cambio climático, fomentando tamén a eficiencia enerxética.
Da granxa á mesa
Leite Únicla é un dos escasos exemplos que existen de análises do ciclo de vida dun produto no sector alimentario. AENOR tivo en conta todos os procesos, desde a granxa (incluíndo a forraxe e a alimentación dos animais) ata que o produto chega á túa mesa.
As conclusións da análise, realizado pola doutora Almudena Hospido e a investigadora Laura Roibás, do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC, e polo departamento de I+D de CLUN, foi publicado por prestixiosa revista científica Science of the Total Environment.
Granxas máis sustentables, leite 100% natural
As granxas Únicla son modélicas en sustentabilidade alimentaria en toda Europa. De feito, esta nova certificación súmase ás que xa tiñamos de Benestar Animal e de Seguridade Alimentaria ISO 22000, e que tamén que recoñecían a sustentabilidade dos métodos, procesos e produtos, e que ademais motivou o Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa.
O benestar das vacas Únicla inflúe directamente na calidade do produto. Ademais, reciben unha alimentación natural e diferenciada, complementada con sementes de liño, obtendo beneficios dos pastos de primavera e outono durante todo o ano. Así conseguimos que produzan de forma totalmente natural un leite de altísima calidade, con menos graxas saturadas e con presenza de Omega 3, CLA e antioxidantes. Isto tamén reduce a formación de metano no estómago das vacas e, en consecuencia, a súa emisión á atmosfera.