Letras Galegas 2022

Leite con Letras Galegas Feiraco: únete ao Club Feiraco!

Maaaaarchando leite con Letras Galegas Feiraco! 🐮🥛

En Feiraco temos claro que cando alguén escribe poesía na nosa lingua, chegándonos ao corazón, merece o recoñecemento de todos os galegos e o noso, o primeiro. Por iso, vestimos os nosos envases de Letras Galegas cun deseño novo en homenaxe a Florencio Delgado, o galardoado desta edición, pero co sabor de sempre e que xa podes mercar nas tendas ou supermercados. 😉

Nesta edición especial Día das Letras Galegas atoparás nos envases de Feiraco unha pequena biografía sobre a vida de Florencio Delgado e tamén un dos poemas do seu libro “Galicia Infinda”. Un gran exemplo de compromiso coa súa querida Galicia que levou mesmo ata o outro lado do océano, a México, e de aí que estes teñan tamén a bandeira do país que o acolleu no exilio.

 

envases letras galegas feiraco

 

E se es das persoas que sinte que a felicidade reside en ler un bo libro acompañado dunha caneca de leite 100 % galego, faite co Kit Letras Galegas Feiraco.

 

Este verán presume de toalla Feiraco!

Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos argallando concursos e promocións nas nosas redes sociais para premiar a vosa fidelidade! E por suposto, gústanos sumarnos a todas esas datas significativas do almanaque galego, como o Entroido, as Letras Galegas ou o San Xoán. E precisamente este San Xoán quixemos premiar a todos os nosos seguidores/as galegos/as cun sorteo moi especial: 300 toallas personalizadas Feiraco para encher este verán as praias de Galicia.

Promoción Entroido 2017

Feiraco disfrázase para celebrar o Entroido un ano máis más cos consumidores • Celebra por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que se sortearán centos de ‘Vacamisetas’ e vestiranse os seus packs de leite con este divertido estampado • Para participar, os consumidores terán que adquirir unha caixa de calquera variedade de leite Feiraco e enviar…