Sigue a nosa toalla viaxeira!

Cando dicimos que temos os mellores fans de todo o mundo mundial, non esaxeramos!

Como ben sabedes, este ano propuxémonos encher as praias de Galicia coas nosas #ToallasFeiraco e nada nos fai máis ilusión que recibir as vosas fotografías amosándonos o periplo da toalla viaxeira. Que gusto da ver o ben que están pacendo as nosas vaquiñas este ano nos areais galegos, piscinas e terrazas!

Este verán presume de toalla Feiraco!

Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos argallando concursos e promocións nas nosas redes sociais para premiar a vosa fidelidade! E por suposto, gústanos sumarnos a todas esas datas significativas do almanaque galego, como o Entroido, as Letras Galegas ou o San Xoán. E precisamente este San Xoán quixemos premiar a todos os nosos seguidores/as galegos/as cun sorteo moi especial: 300 toallas personalizadas Feiraco para encher este verán as praias de Galicia.