HISTORIA E FEITOS DESTACADOS

Os inicios de Feiraco remóntanse a 1968, cando 400 gandeiros do val do Barcala, unha zona deprimida do interior da provincia da Coruña, decidiron contribuír activamente ao desenvolvemento económico e social da comarca. Ao longo da nosa historia, máis de 10.000 socios levan formando parte da familia Feiraco. A cooperativa está presidida por José Montes Pérez dende xuño do 2012. Anteriormente ocuparon o cargo José Antonio Casáis, gandeiro de Olveira (Dumbría), e Jesús García Calvo, un dos impulsores da cooperativa e presidente de Feiraco durante 40 anos.

FEIRACO EN MOMENTOS

1968

É o ano no que todo comeza. Unión de gandeiros do Val de Barcala.

1970

Construción dunha fábrica de pensos.

1971

Recollida e comercialización do leite.

1974

Envasado de longa vida UHT e inauguración da planta.

1980

Medramos. Novos servizos: economato, gasolineira, taller, veterinaria.

1990

O leite Feiraco obtén o premio Carrefour ao mellor leite.

2000

Planta de coxeración.

2009

Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa.

2009

Adhesión á Rede do Pacto Mundial de Nacións Unidas.

2011

Certificación Galega 100%

2011

Obtención do Distintivo de Igualdade na Empresa. Certificación Empresa Familiarmente Responsable.

2012

Entrega da certificación ISO 22000 a 9 gandarías.

2013

Adhesión Convenio Produtos Lácteos Sustentables.

2013

Celebración da I Xornada Técnica coa participación de máis de 500 socios e profesionais do sector.

2013

Homenaxe póstuma ao presidente de honra e fundador da cooperativa, Jesús García Calvo.

2013

Inauguración e integración na Rede EUSUMO para o desenvolvemento do Cooperativismo e a Economía Social.

2014

Membro do primeiro encontro anual do Grupo de Representación Empresarial en materia de RSE da Xunta de Galicia.

2014

Premio á Mellor Peme Agroalimentaria, outorgado polos clientes de Carrefour.

2015

Celebración da II Xornada Técnica coa participación de máis de 600 profesionais do sector.

2015

Alianza coa cooperativa estadounidense Blue Diamond Growers para distribuír o leite de améndoas Almond Breeze en España.

2016

Premio Responsabilidade Social en Movemento, concedido pola Xunta de Galicia a todo o equipo humano de Feiraco.

2016

Caixabank e a CEOE concédenlle a Feiraco o premio galego Carácter Empresa pola innovación.

2016

Feiraco forma parte da nova cooperativa de 2º grao CLUN

2017

Feiraco introduce un novo envase: máis cómodo, innovador e sustentable.

2017

CLUN, primeira láctea española coa certificación Carbón Neutral nos seus envases Pure-Pak®

2019

Lanzamos Leite Feiraco Semidesnatado Sen Lactosa en formato 200 ml

2020

Lanzamento do novo deseño dos envases Feiraco

2021

Certificación IFS Food, que garantiza os estándares máis elevados de seguridade alimentaria.