MISIÓN E PRESENTACIÓN

Dende 1995 a Fundación Feiraco traballa para impulsar a formación educativa, social e cultural de Galicia, así coma a Responsabilidade Social Empresarial e a Investigación.

Mecenado cultural

Dende a Fundación apoiamos as actividades de mecenado dirixidas a actuacións de promoción cultural en colaboración con concellos da nosa zona de influencia. Dende o 2014 formamos parte do Padroado do Museo do Pobo Galego, contribuíndo á promoción do seu patrimonio e valores.

Investigación

Apoiamos economicamente o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e contribuímos a difundir as investigacións máis salientables no eido da economía social e o medio rural a través do Premio Jesús García Calvo de Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativismo; edicións 2014 e 2016.

Educación

Colaboramos co concurso «Clases sen Fume», convocado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Patrocinamos esta iniciativa coa que se pretende evitar que os rapaces se inicien no consumo de tabaco ou, polo menos, atrasar a idade en que se comeza a fumar.

Saúde

En calidade de Patrocinadores de Prata, sumámonos á Alianza Empresarial para la Vacunación Infantil colaborando co proxecto da Asociación público-privada GAVI, que loita contra a mortalidade infantil.