O método Feiraco

Só a nosa cooperativa pode garantirche trazabilidade 100% dos produtos lácteos que chegan á túa mesa. Sabías por qué?

Porque temos o control de principio a fin, traballando día a día cos nosos socios e socias, aos que apoiamos e ofrecemos servizos para que as súas granxas dén o mellor de si.

Os cooperativistas son a peza clave do Método Feiraco

Antes que o leite, están as vacas. Os cooperativistas reciben asesoramento técnico permanente para o coidado da saúde das nosas vacas.

Elaboramos os nosos piensos, o que unido ós mellores forraxes galegos, garante a produción dun leite de gran calidade.

Non hai leite como o da casa, por iso só recollemos leite 100% galego das ganderías dos nosos cooperativistas.

Controlamos e optimizamos todo o proceso, incluíndo o envasado, almacenamento e distribución.

É así como os nosos cooperativistas conseguen manter a calidade de principio a fin, ata que o noso leite chega ás túas mans.

Cooperativa é Calidade

Certificacións de calidade

Que orgullosos estamos destes selos! Son o recoñecemento ó labor que cada día realizan os nosos gandeiros e gandeiras para levar á túa mesa os mellores produtos lácteos. Descubre o que significan!

Galega 100%

É un selo concedido pola Asociación Laboratorio Interprofesional Galego e Análise do Leite (LIGAL). Non só garante que o leite é galego, senón tamén que é excelente! Implica que a materia prima utilizada procede exclusivamente das granxas inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada. E sabes que implica isto? Que a súa calidade supera con creces as esixencias establecidas pola Unión Europea.

Galicia Calidade

Algo máis que un simple selo, unha insignia! Para o consumidor, a marca Galicia Calidade non só garante a orixe galega do produto, senón que é un aval de confianza, prestixio e calidade.

SAE

Dende Galicia para o mundo! Por suposto, con todas as garantías de seguridade alimentaria e trazabilidade. En Feiraco contamos con este selo clave para as nosas exportacións e que garante que o envío de productos alimentarios a fóra da Unión Europea conta cos máximos requerimentos esixidos de seguridade, calidade e control.

Innovación 360º

A nosa única constante é… non parar nunca! Dende o departamento de I+D+i traballamos arreo en dúas áreas:

 

Investigación. Poñemos a noso coñecemento e experiencia participando en proxectos europeos, nacionais ou autonómicos, en colaboración con universidades, centros tecnolóxicos…

Innovación. Dito doutro xeito, sempre buscando a maneira de facer as cousas dun xeito diferente! Isto abrangue dende procesos de traballo ata como mellorar os nosos produtos ou lanzar novas propostas ao mercado.