FEIRACO CELEBRA AS LETRAS GALEGAS 2018 CUNHA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, O TRADICIONAL CERTAME DE MICRORRELATOS E A REEDICIÓN DOS CONTOS DE ONDE VÉN O LEITE

  • Hoxe presentouse a VII edición do Certame de Microrrelatos dirixido a nenos, mozos e adultos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Pousadas de Compostela 
  • Este ano colabora ademais na Carreira Camiño das Letras e volve colaborar nos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • A campaña de animación á lectura “Practica a LEITura” permite optar a un dos 150 carteis vintage que Feiraco sorteará ata o 27 de maio

O GRUPO PARA O EMPODERAMENTO DA MULLER NO RURAL ‘MULLERES DE SEU’ REÚNE A MÁIS DE 100 SOCIAS DE CLUN EN VILALBA PARA FIXAR RETOS E PROXECTOS COLABORATIVOS

  • Nun Encontro para celebrar o Día Internacional da Muller no que participou a secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella
  • A xornada contou ademais co testemuño da arquitecta e emprendedora propietaria do Spa Quinta da Auga, María Luisa Gil, para falar da importancia do relevo xeracional
  • Mulleres de Seu, que reuniu desde a súa creación en 2013 a máis de 450 socias das tres cooperativas que integran CLUN, traballa para promover o empoderamento e o desenvolvemento das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural