‘Mulleres de Seu’, o grupo de CLUN para o empoderamento feminino no rural, reúne a máis de 100 socias en Melide para analizar os retos de la dixitalización

  • O Encontro polo Día Internacional da Muller abordou, baixo o título A muller na era dixital, a transformación tecnolóxica no sector agrogandeiro
  • Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, analizou na súa intervención o papel da muller no século XXI
  • A mesa redonda A muller e as tendencias de futuro contou coa opinión experta de Luz Castro, Maite Cancelo e Marta Arias
  • Mulleres de Seu, grupo formado por máis de 150 socias de CLUN, traballa para promover o empoderamento e desenvolvemento das mulleres, dignificando o seu papel no rural

Mulleres de Seu leva o seu proxecto ao Congreso dos Deputados

  • Nunha visita que organizaron onte e na que foron recibidas pola presidenta da Cámara Baixa, Ana Pastor, e polas Comisións de Igualdade e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras

Acordo de CLUN e a Secretaría Xeral de Iguladade para poñer en valor o grupo “Mulleres de Seu”

  • As máis de 450 socias deste grupo para o empoderamento da muller no rural terán, entre outros, acceso a formación de calidade dentro do VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020, activado pola Xunta para a empregabilidade e o desenvolvemento profesional das mulleres rurais
  • O convenio inclúe tamén accións de difusión e asesoramento a Mulleres de Seu por parte da Secretaría Xeral

 

CLUN premia, un ano máis, as Letras Galegas

  • A cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas
  • Os gañadores da VII edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Arcadio Mallo, Tania Vidal e Susana Villamor, na categoría de adultos; e Lorena Fernández, Ariana Núñez e Nerea Costa, na xuvenil
  • No acto de entrega participaron, entre outros, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, o presidente da Real Academia Galega, o vicepresidente e o director da división láctea de CLUN

Cooperativas Lácteas Unidas consolida unha facturación de 230 millóns de euros en 2017

  • O director xeral de CLUN, José Luis Antuña, expuxo as principais cifras da cooperativa, que facturou o pasado exercicio máis de 125 millóns de euros. Feiraco Lácteos, máis de 76, e Acolat- Clesa preto de 28 millóns. A cooperativa e as súas sociedades investiron máis de 5 millóns de euros en maquinaria e novos envases, sistemas de información e novas tecnoloxías, proxectos de I+D+i e outros activos industriais
  • José Luis Antuña asegurou que Galicia ten condicións para consolidarse como a principal potencia láctea de España e animou a buscar masa crítica para crear alianzas que xeren valor. “Estamos abertos ao futuro, ao crecemento e á integración se ten sentido para a mellora de todos e cada un dos nosos socios”, afirmou
  • O presidente da Cooperativa, José Ángel Branco, destacou os recoñecementos de CLUN durante este ano, síntoma de que “estamos a facer ben as cousas” e lembrou que este Encontro “contribúe a fomentar o orgullo de pertenza ao medio rural e a estimular o traballo colectivo dos nosos socios”

 

Cooperativas Lácteas Unidas celebra en Santiago o “I Encontro de Socios”

CLUN expoñerálles aos seus socios a súa estratexia cooperativa e empresarial baseada no crecemento de actividades e servizos, novos produtos, internacionalización, sustentabilidade,  empoderamiento da muller, dixitalización e retorno cooperativo O grupo cooperativo e as súas sociedades teñen presenza en toda a economía gandeira: leite, iogures, queixos e sobremesas; carne de vacún, horta, bebidas vexetais, pensos,…