Polas nosas mulleres!
Todos os días son 8 de marzo. Pero hoxe, especialmente, queremos dar un paso adiante polas nosas mulleres porque elas son, sen dúbida, un dos piares da nosa cooperativa.
Todos os días son 8 de marzo. Pero hoxe, especialmente, queremos dar un paso adiante polas nosas mulleres porque elas son, sen dúbida, un dos piares da nosa cooperativa.
Como nos gusta o Entroido en Feiraco! Non hai recuncho de Galicia que non celebre esta festividade tan nosa. Tempo de disfrazarse, de deixar a vergoña na casa e de pasalo ben! Tempo de cigarróns, de peliqueiros e de pantallas! E, sobre todo, tempo de grandes xantares cos mellores produtos da nosa terra.
¿Queres gañar unha das 1.000 cuncas Feiraco que sorteamos? É moi sinxelo Rexístrate nesta promoción cubrindo o formulario. Sube á aplicación do concurso unha fotografía dunha caixa agrupadora (6×1 litro) Edición Especial Entroido 2018 de leite FEIRACO enteiro, semidesnatado ou desnatado ou leite FEIRACO SEN LACTOSA desnatado ou semidesnatado ao lado do ticket de compra…
Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), os traballadores e traballadoras de CLUN realizaron paróns e concentracións ás 12:00 h. en todos os centros da cooperativa (Ponte Maceira, Ribadeo, Caldas de Reis, Melide e axencias agrarias), como unha mostra de seu rexeitamento ante calquera tipo de violencia.
A comida non se tira! Se hai algo no que nos gusta incidir é na importancia de non tirar nin desperdiciar alimentos, sexan as sobras que nos quedan do xantar de mediodía, o pan duro de toda a semana ou os produtos frescos que acumulamos no frigorífico e que están a punto de pasarse. Hoxe en Cociña con Feiraco… tres receitas de aproveitamento!
Esforzo, compromiso, valor, entrega, traballo en equipo… Hai case 50 anos un grupo de gandeiros do val da Barcala uniuse co gran soño de crear un proxecto no rural galego movido por todos estes valores. Despois de medio século de andaina, Feiraco é hoxe o triunfo daquel reto, que parecía case unha quimera. Os nosos…
Un ano máis, tivemos o pracer de ser unha das marcas patrocinadoras do Festival de la Luz, un evento único e solidario amadriñado por Luz Casal.
Cal é o remate perfecto dun xantar coa familia ou cos amigos? Unha longa sobremesa! E se é cun toque doce, mellor que mellor.
Dende a fundación de Feiraco, hai xa case 50 anos, traballamos a prol do compromiso co sector lácteo e co desenvolvemento de Galicia, e todo dende un pilar básico que marca o noso xeito de ser: o cooperativismo.