Exceleite, os premios ao leite máis excelente!
Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de…
Feiraco cumpre 50 anos liderando o lácteo dende o cooperativismo
- Máis de 300 persoas entre socios, clientes e colaboradores celebraron o medio século de historia de Feiraco cun acto institucional que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, entre outras destacadas personalidades institucionais
- Durante o evento fíxose entrega de recoñecementos a diferentes institucións e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as súas diferentes áreas de influencia
O grupo «Mulleres de Seu» lidera o empoderamento feminino no rural galego
• Mulleres de Seu, iniciativa que integra xa a máis dun cento de socias da cooperativa CLUN, organizou un Encontro para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais
• O foro propiciou un espazo de debate sobre a posición das mulleres no mundo rural galego, nunha mesa redonda moderada pola decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, María Emilia Vázquez
• A coordinadora de ‘Mulleres de Seu’, Carmen Rodríguez, presentou o programa que desenvolverá nas próximas datas e fixo unha chamada aos seus integrantes para “continuar crecendo neste proxecto común a favor do liderado das mulleres no rural”
Ao cole con Feiraco! Tres propostas de merenda saudable
Fáltanche ideas para a merenda dos teus pequenos/as? En Feiraco contamos cunha gama específica pensada para o público infantil que che facilitará as merendas dentro e fóra da casa
«Mulleres de Seu», Premio Agader 2018
- A vicepresidenta de Feiraco e coordinadora deste grupo de empoderamento feminino no rural recolleu hoxe a distinción na categoría Mulleres en presenza do presidente da Xunta
- A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras
CLUN premia, un ano máis, as Letras Galegas
- A cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas
- Os gañadores da VII edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Arcadio Mallo, Tania Vidal e Susana Villamor, na categoría de adultos; e Lorena Fernández, Ariana Núñez e Nerea Costa, na xuvenil
- No acto de entrega participaron, entre outros, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, o presidente da Real Academia Galega, o vicepresidente e o director da división láctea de CLUN
Cooperativas Lácteas Unidas consolida unha facturación de 230 millóns de euros en 2017
- O director xeral de CLUN, José Luis Antuña, expuxo as principais cifras da cooperativa, que facturou o pasado exercicio máis de 125 millóns de euros. Feiraco Lácteos, máis de 76, e Acolat- Clesa preto de 28 millóns. A cooperativa e as súas sociedades investiron máis de 5 millóns de euros en maquinaria e novos envases, sistemas de información e novas tecnoloxías, proxectos de I+D+i e outros activos industriais
- José Luis Antuña asegurou que Galicia ten condicións para consolidarse como a principal potencia láctea de España e animou a buscar masa crítica para crear alianzas que xeren valor. “Estamos abertos ao futuro, ao crecemento e á integración se ten sentido para a mellora de todos e cada un dos nosos socios”, afirmou
- O presidente da Cooperativa, José Ángel Branco, destacou os recoñecementos de CLUN durante este ano, síntoma de que “estamos a facer ben as cousas” e lembrou que este Encontro “contribúe a fomentar o orgullo de pertenza ao medio rural e a estimular o traballo colectivo dos nosos socios”
De onde vén o leite? Nova edición
Vimos de reeditar os nosos contos «De onde vén o leite?», unha iniciativa concebida para achegar aos escolares de toda Galicia o proceso do leite.