Feiraco e Leite Únicla, no Festival de la Luz 2017
Un ano máis, tivemos o pracer de ser unha das marcas patrocinadoras do Festival de la Luz, un evento único e solidario amadriñado por Luz Casal.
Cociña con Feiraco… sobremesas de verán!
Cal é o remate perfecto dun xantar coa familia ou cos amigos? Unha longa sobremesa! E se é cun toque doce, mellor que mellor.
Somos cooperativa!
Dende a fundación de Feiraco, hai xa case 50 anos, traballamos a prol do compromiso co sector lácteo e co desenvolvemento de Galicia, e todo dende un pilar básico que marca o noso xeito de ser: o cooperativismo.
Sigue a nosa toalla viaxeira!
Cando dicimos que temos os mellores fans de todo o mundo mundial, non esaxeramos!
Como ben sabedes, este ano propuxémonos encher as praias de Galicia coas nosas #ToallasFeiraco e nada nos fai máis ilusión que recibir as vosas fotografías amosándonos o periplo da toalla viaxeira. Que gusto da ver o ben que están pacendo as nosas vaquiñas este ano nos areais galegos, piscinas e terrazas!
Leite Feiraco, agora sen lactosa!
En Feiraco ampliamos a nosa gama de leites coas novas variedades Feiraco Sen Lactosa! Se es intolerante á lactosa ou buscas un leite máis dixestivo con todo o sabor e a calidade 100% galega, sen dúbida este é o teu leite.
Feiraco: Promoción Facendo País
Se algo temos os galegos é unha capacidade innata para presumir da terriña alá onde vamos. E en Feiraco queremos axudarche a seguir Facendo País! Sorteamos 5 premios valorados en 2.000 euros cada un para que leves a túa galeguidade polo mundo!
Proxecto Cattlecare, xestión TIC das granxas galegas CLUN
Nace o proxecto CATTLECARE, un sistema de xestión TIC das granxas galegas As explotacións gandeiras modernizaranse mediante dispositivos que permitirán extraer patróns de comportamento das reses Mellorarase a xestión dos recursos, como o alimento, mediante a automatización da loxística de distribución O consorcio que o desenvolve está formado pola Cooperativa, as empresas tecnolóxicas Conexiona Telecom, Ictel Ingenieros e Gradiant, como…
Cociña con Feiraco dous pratos salgados
Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado…
Por que querer o leite a calquera idade?
O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, minerais e vitaminas. O calcio é imprescindible para o crecemento e desenvolvemento do esqueleto nos primeiros anos, para así gozar duns ósos saudables ao longo da nosa vida. Ademais axuda a diminuir a graxa corporal, a mellorar o perfil lipídico do sangre, a aumentar a masa muscular e a mellorar a saúde cardiovascular. Na actualidade están a investigarse novos beneficios en relación cos péptidos bioactivos, o seu posible efecto hipotensor e as súas propiedades antimicrobianas, entre outros.