GARANTÍA DE CALIDADE

Somos a primeira empresa europea que certificou o primeiro elo da cadea alimentaria: as gandarías.
En FEIRACO contamos coa máxima certificación internacional de seguridade alimentaria: a norma UNE-EN ISO 22000:2005, que temos implantada actualmente nas instalacións industriais de FEIRACO e en 9 explotacións gandeiras.

CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE

Os selos recibidos avalan o Método Feiraco: Calidade de principio a fin.

GALEGA 100%


Concedida pola Asociación Laboratorio Interprofesional Galego e Análise do Leite (LIGAL), garante que a materia prima utilizada para a elaboración do leite e de todos os produtos derivados procede exclusivamente das explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.

ISO 9001. CLUN

Esta certificación céntrase na prestación de servizos xerais a socios así como ás distintas fábricas nas que ten participación (Feiraco Pensos, ACOLAT, Feiraco Lácteos):
– Xestión de compras e subministración de materias primas e auxiliares para fabricación de produtos lácteos, bebida de améndoa, xelatinas e pensos
– Selección e formación de persoal
– Xestións administrativas de facturación e contabilidade
– A comercialización de leite cru en cisternas

AENOR MEDIO AMBIENTE


As granxas Únicla son as primeiras en España en obter a certificación en protección integral do medio e conseguir reducir un 20% a súa pegada de carbono. A certificación refírese á análise completa do ciclo de vida do proceso produtivo do leite Únicla, sendo un dos escasos exemplos deste tipo “desde o berce ata a porta”.

GALICIA CALIDADE


Distingue os produtos galegos da máis alta calidade. Para o consumidor, a marca Galicia Calidade non só garante a orixe galega do produto, senón que é un aval de confianza, prestixio e calidade.

ISO 22000. GRANXAS E FÁBRICA


As granxas da nosa cooperativa marcaron un fito sen precedentes en Europa, xa que foron as primeiras en recibir a certificación do primeiro elo da cadea alimentaria: o produtivo, garantizando la seguridad alimentaria en las granjas y en la fábrica. Este recoñecemento garánteche como consumidor a máis alta calidade dos nosos produtos lácteos.

PLS


Produto Lácteo Sustentable que garante a trazabilidade e a orixe española do leite e certifica que foi contratada nunhas condicións que velan pola sustentabilidade económica do sector lácteo.

BENESTAR ANIMAL


As granxas Únicla de Feiraco son as primeiras en Galicia en ser recoñecidas co certificado de conformidade Benestar Animal. Esta certificación avalía, ademais das instalacións, diferentes parámetros dos animais, baseados en 4 principios: alimentación, aloxamento, estado sanitario e comportamento das vacas.