Somos cooperativa!

Dende a fundación de Feiraco, hai xa case 50 anos, traballamos a prol do compromiso co sector lácteo e co desenvolvemento de Galicia, e todo dende un pilar básico que marca o noso xeito de ser: o cooperativismo.

Sigue a nosa toalla viaxeira!

Cando dicimos que temos os mellores fans de todo o mundo mundial, non esaxeramos!

Como ben sabedes, este ano propuxémonos encher as praias de Galicia coas nosas #ToallasFeiraco e nada nos fai máis ilusión que recibir as vosas fotografías amosándonos o periplo da toalla viaxeira. Que gusto da ver o ben que están pacendo as nosas vaquiñas este ano nos areais galegos, piscinas e terrazas!

Este verán presume de toalla Feiraco!

Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos argallando concursos e promocións nas nosas redes sociais para premiar a vosa fidelidade! E por suposto, gústanos sumarnos a todas esas datas significativas do almanaque galego, como o Entroido, as Letras Galegas ou o San Xoán. E precisamente este San Xoán quixemos premiar a todos os nosos seguidores/as galegos/as cun sorteo moi especial: 300 toallas personalizadas Feiraco para encher este verán as praias de Galicia.

Leite Feiraco, agora sen lactosa!

En Feiraco ampliamos a nosa gama de leites coas novas variedades Feiraco Sen Lactosa! Se es intolerante á lactosa ou buscas un leite máis dixestivo con todo o sabor e a calidade 100% galega, sen dúbida este é o teu leite.

Feiraco: Promoción Facendo País

Se algo temos os galegos é unha capacidade innata para presumir da terriña alá onde vamos. E en Feiraco queremos axudarche a seguir Facendo País! Sorteamos 5 premios valorados en 2.000 euros cada un para que leves a túa galeguidade polo mundo! 

VI Certame de Microrrelatos Feiraco. Participa!

  Gústache escribir? Amósanos o teu talento literario, concentrado nun relato breve de tan só 500 caracteres con espazos, e axúdanos a demostrar que as nosas letras están máis vivas que nunca! Unidos polas nosas letras Por sexto ano consecutivo queremos sumarnos á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura. E…

VI Certame de relatos breves FEIRACO

Gañadores Relatos Breves 2017 Noraboa aos gañadores do VI Certame de Microrrelatos Feiraco! Cada ano poñédesnolo máis difícil! Grazas a todos por participar!   CATEGORÍA ADULTOS 1º Premio. Vili Rei. 9,1 puntos 2º Premio. Alba Sánchez Ares. 9 puntos 3º Premio. Ariadna Fernández González. 8,9 puntos   CATEGORÍA XUVENIL 1º Premio. Candela Millán López. 9…

Sumámonos á expedición 1.000 km de hielo

As marcas de CLUN Leche Únicla e Clesa entran a formar parte do programa Universo Mujer, do Consello Superior de Deportes, a través do patrocinio da expedición “Compromiso con la Tierra: 1.000 km de hielo”

Este Entroido… Vacamisetas Feiraco!

Vacamiseta. Substantivo feminino. Peza de vestir, xeralmente sen colo e de manga curta, cun característico estampado de vaca que produce no usuario efectos inmediatos de bo rollo e ganas de festa.

Promoción Entroido 2017

Feiraco sortea 500 vacamisetas

En Feiraco celebramos por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que se personalizarán as caixas de leite Feiraco e se sortearán 500 Vacamisetas cun print exclusivo de vaca, dispoñibles en tres cores (verde, azul e vermello).

Promoción Entroido 2017

Feiraco disfrázase para celebrar o Entroido un ano máis más cos consumidores • Celebra por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que se sortearán centos de ‘Vacamisetas’ e vestiranse os seus packs de leite con este divertido estampado • Para participar, os consumidores terán que adquirir unha caixa de calquera variedade de leite Feiraco e enviar…

Cociña con Feiraco dous pratos salgados

  Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado…