De ruta por Galicia!

Non cómpre ir moi lonxe nin tomar moitos avións para gozar do pracer de viaxar e da experiencia de descubrir a marabillosa riqueza patrimonial e natural que nos rodea. Seguro que moi preto de ti, aquí en Galicia, tes aínda mil e un recunchos por descubrir, verdade?

Exceleite, os premios ao leite máis excelente!

Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de…

Feiraco cumpre 50 anos liderando o lácteo dende o cooperativismo

  • Máis de 300 persoas entre socios, clientes e colaboradores celebraron o medio século de historia de Feiraco cun acto institucional que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, entre outras destacadas personalidades institucionais
  • Durante o evento fíxose entrega de recoñecementos a diferentes institucións e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as súas diferentes áreas de influencia

O grupo “Mulleres de Seu” lidera o empoderamento feminino no rural galego

• Mulleres de Seu, iniciativa que integra xa a máis dun cento de socias da cooperativa CLUN, organizou un Encontro para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais

• O foro propiciou un espazo de debate sobre a posición das mulleres no mundo rural galego, nunha mesa redonda moderada pola decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, María Emilia Vázquez

• A coordinadora de ‘Mulleres de Seu’, Carmen Rodríguez, presentou o programa que desenvolverá nas próximas datas e fixo unha chamada aos seus integrantes para “continuar crecendo neste proxecto común a favor do liderado das mulleres no rural”

Participa no #SanXoánFeiraco! Sorteamos 100 mochilas

  O San Xoán, co seu inconfundible aroma a sardiñas e cachelos, é unha das festas con maior arraigamento e tradición en Galicia. Como todos os anos, en Feiraco quixemos sumarnos á celebración cun concurso no noso perfil de facebook. Este ano sorteamos 100 mochilas dunha edición especial elaborada co gallo do 50 aniversario de…