Receitas de Batch cooking con leite Feiraco

O batch cooking é a nova tendencia para aforrar tempo e comer saudable. Consiste en deixar preparados os ingredientes, ou mesmo os propios pratos, para telos listos para comer durante a semana. O gran esquecido en temas de organización sempre é o almorzo, pero aquí propoñémosche tres receitas fáciles con leite Feiraco para que non…

De ruta por Galicia!

Non cómpre ir moi lonxe nin tomar moitos avións para gozar do pracer de viaxar e da experiencia de descubrir a marabillosa riqueza patrimonial e natural que nos rodea. Seguro que moi preto de ti, aquí en Galicia, tes aínda mil e un recunchos por descubrir, verdade?

Cociña con Feiraco… receitas de aproveitamento!

A comida non se tira! Se hai algo no que nos gusta incidir é na importancia de non tirar nin desperdiciar alimentos, sexan as sobras que nos quedan do xantar de mediodía, o pan duro de toda a semana ou os produtos frescos que acumulamos no frigorífico e que están a punto de pasarse. Hoxe en Cociña con Feiraco… tres receitas de aproveitamento!

 

Cociña con Feiraco dous pratos salgados

  Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado…

Por que querer o leite a calquera idade?

O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, minerais e vitaminas. O calcio é imprescindible para o crecemento e desenvolvemento do esqueleto nos primeiros anos, para así gozar duns ósos saudables ao longo da nosa vida. Ademais axuda a diminuir a graxa corporal, a mellorar o perfil lipídico do sangre, a aumentar a masa muscular e a mellorar a saúde cardiovascular. Na actualidade están a investigarse novos beneficios en relación cos péptidos bioactivos, o seu posible efecto hipotensor e as súas propiedades antimicrobianas, entre outros.

Cociña con Feiraco solombo con Queixo Tetilla

Adoitamos empregar produtos como a nata e o leite para preparar pratos doces e sobremesas, pero, sabías que cos nosos produtos Feiraco podes preparar deliciosas salsas para pratos salados? A nata para cociñar Feiraco é o complemento ideal para acompañar pastas, carnes, verduras ou peixes. Só ten un 18% de materia graxa e non ten glute. O mesmo acontece co noso leite 100% galego, certificado con las máximas Garantías de Calidad.

Cociña con Feiraco unhas albóndigas con queixo Arzúa-Ulloa

Es quen de resistirte a unhas saborosas albóndegas? Se hai pequenos na casa, seguro que trunfas con este prato moi sinxelo de preparar. Con esta receita poderás acompañar  a carne picada da túa elección cun ingrediente único, saudable e ademais, ¡delicioso!
Co noso Queixo Arzúa–Ulloa Feiraco D.O. preparás unhas albóndegas ás que aportarás unha cremosidade inusual, aparte de ser aptas para celíacos porque non contén glute. Elaborado de forma artesanal con leite 100% galego, con este queixo daráslle un sabor único a un prato que seguramente volverás repetir 😉