Letras Galegas 2022

Leite con Letras Galegas Feiraco: únete ao Club Feiraco!

Maaaaarchando leite con Letras Galegas Feiraco! 🐮🥛

En Feiraco temos claro que cando alguén escribe poesía na nosa lingua, chegándonos ao corazón, merece o recoñecemento de todos os galegos e o noso, o primeiro. Por iso, vestimos os nosos envases de Letras Galegas cun deseño novo en homenaxe a Florencio Delgado, o galardoado desta edición, pero co sabor de sempre e que xa podes mercar nas tendas ou supermercados. 😉

Nesta edición especial Día das Letras Galegas atoparás nos envases de Feiraco unha pequena biografía sobre a vida de Florencio Delgado e tamén un dos poemas do seu libro “Galicia Infinda”. Un gran exemplo de compromiso coa súa querida Galicia que levou mesmo ata o outro lado do océano, a México, e de aí que estes teñan tamén a bandeira do país que o acolleu no exilio.

 

envases letras galegas feiraco

 

E se es das persoas que sinte que a felicidade reside en ler un bo libro acompañado dunha caneca de leite 100 % galego, faite co Kit Letras Galegas Feiraco.

 

Receta yogur bebible FEIRACO

Receita de biscoito de Yogu+ Feiraco

Nin os peques da casa nin os maiores resistiránse a esta receita feita co Yogu+ Feiraco! Toda unha tentación gastro para a xente que anda na procura de saborear un biscoito de iogur diferente, pero moi saboroso. E o mellor de todo… leva o noso iogur bebible elaborado con leite 100 % galego! Que máis se pode pedir?

 

rosca gallega pascua

Receita da rosca de Pascua con leite Feiraco

Pan de ovos, boleardos, periquito, trenza de ovo, carrapito… chámalle como queiras! Temos unha ducia de nomes e doces que varían por zonas. O que si é que a rosca galega de Pascua é sinónimo de festa e hoxe traémosche a nosa receita. Imos quentando motores para este #VenresLarpeiro que está por vir!

 

3 receitas de castañas e leite Feiraco

Tardamos máis en pelalas que en comelas… Iso sí, non nos poden gustar máis! Sabiades que as castañas fan unha parella perfecta cos lácteos? Hoxe deixámosvos tres ideas para comprobalo por vós mesmos   1. Crema de castañas e leite desnatado Feiraco Castañas, auga, leite Feiraco e un chisquiño de sal ó gusto. Non precisades…

Sorteo Festival de la luz

E ti es festivaleirx?: Ven ao Festival de la Luz 2021!

A fin de semana do 10 ao 12 de setembro estaremos en Boimorto para celebrar o Festival de La Luz 2021. Queres despedir o verán con nós? Sorteamos 2 abonos dobres! Mini leiras con capacidade máxima para dúas persoas que inclúen o welcome pack, unha paca de palla e unha mesa ademais de parking gratuito.