A Terra dos Mil San Xoáns: temos preparada unha sorpresa para ti!

Coñeces a frase que di que Galicia é a terra dos mil ríos? Pois tamén é a terra dos mil San Xoáns. Auga, lume, herbas, meigas… unha morea de rituais para a Noite Meiga.

En Feiraco estamos preparando a caixa das Mil Cousas do San Xoán para que non che falte de nada para o gran día. Estas son as 🌿herbas do San Xoán, queres que chas enviemos á casa? Pois agora podes conseguir as herbas e toooodo o necesario para celebrar esta festa como se merece 🥰

Goza do San Xoán con Feiraco!

O San Xoán, co seu inconfundible aroma a sardiñas e cachelos, é unha das festas con maior arraigamento e tradición en Galicia. Este ano, en Feiraco quixemos sumarnos á celebración cunha campaña que inclúe orixinais para prensa, camisetas e un concurso específico no noso perfil de facebook. Xunto co resto de simboloxía asociada a esta…

Feiraco premia as Letras Galegas

Feiraco celebrou o 4 de xullo o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas. Os gañadores da VI edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Vili Rei, Alba Sánchez e Ariadna Fernández, na categoría de adultos; e Candela Millán, Ana Rosa Cantalejo e…

Este verán presume de toalla Feiraco!

Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos argallando concursos e promocións nas nosas redes sociais para premiar a vosa fidelidade! E por suposto, gústanos sumarnos a todas esas datas significativas do almanaque galego, como o Entroido, as Letras Galegas ou o San Xoán. E precisamente este San Xoán quixemos premiar a todos os nosos seguidores/as galegos/as cun sorteo moi especial: 300 toallas personalizadas Feiraco para encher este verán as praias de Galicia.