Letras Galegas 2022

Leite con Letras Galegas Feiraco: únete ao Club Feiraco!

Maaaaarchando leite con Letras Galegas Feiraco! 🐮🥛

En Feiraco temos claro que cando alguén escribe poesía na nosa lingua, chegándonos ao corazón, merece o recoñecemento de todos os galegos e o noso, o primeiro. Por iso, vestimos os nosos envases de Letras Galegas cun deseño novo en homenaxe a Florencio Delgado, o galardoado desta edición, pero co sabor de sempre e que xa podes mercar nas tendas ou supermercados. 😉

Nesta edición especial Día das Letras Galegas atoparás nos envases de Feiraco unha pequena biografía sobre a vida de Florencio Delgado e tamén un dos poemas do seu libro «Galicia Infinda». Un gran exemplo de compromiso coa súa querida Galicia que levou mesmo ata o outro lado do océano, a México, e de aí que estes teñan tamén a bandeira do país que o acolleu no exilio.

 

envases letras galegas feiraco

 

E se es das persoas que sinte que a felicidade reside en ler un bo libro acompañado dunha caneca de leite 100 % galego, faite co Kit Letras Galegas Feiraco.

 

CLUN premia, un ano máis, as Letras Galegas

  • A cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas
  • Os gañadores da VII edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Arcadio Mallo, Tania Vidal e Susana Villamor, na categoría de adultos; e Lorena Fernández, Ariana Núñez e Nerea Costa, na xuvenil
  • No acto de entrega participaron, entre outros, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, o presidente da Real Academia Galega, o vicepresidente e o director da división láctea de CLUN

FEIRACO CELEBRA AS LETRAS GALEGAS 2018 CUNHA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, O TRADICIONAL CERTAME DE MICRORRELATOS E A REEDICIÓN DOS CONTOS DE ONDE VÉN O LEITE

  • Hoxe presentouse a VII edición do Certame de Microrrelatos dirixido a nenos, mozos e adultos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Pousadas de Compostela 
  • Este ano colabora ademais na Carreira Camiño das Letras e volve colaborar nos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • A campaña de animación á lectura “Practica a LEITura” permite optar a un dos 150 carteis vintage que Feiraco sorteará ata o 27 de maio

Feiraco premia as Letras Galegas

Feiraco celebrou o 4 de xullo o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas. Os gañadores da VI edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Vili Rei, Alba Sánchez e Ariadna Fernández, na categoría de adultos; e Candela Millán, Ana Rosa Cantalejo e…

Feiraco premia As Letras Galegas

A Cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas Os gañadores da edición 2016 foron Gael Pérez, Sergio Aller, Rosa Pérez e Andrea Fernández No acto de entrega participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o…

Feliz día das Letras Galegas 2014

Un ano máis, sumámonos á celebración do Día das Letras Galegas, unha data que en Feiraco sentimos moi próxima aos nosos valores corporativos de compromiso e vinculación con Galicia. Por iso, poñemos en marcha unha campaña específica que inclúe orixinais para prensa e publicidade dixital, protagonizados por esta vaca tan literata que creamos para a…

Día das Letras Galegas 2013

En 2013 unímonos á celebración do Día das Letras Galegas, en conmemoración de Roberto Vidal Bolaño, cunha campaña específica para a que se realizou un orixinal para prensa, publicidade dixital e cartelería. A acción completouse coa distribución dun marca páxinas especial en forma de rabo de vaca. Ademais, organizamos a II edición do Concurso de…