Acordo de CLUN e a Secretaría Xeral de Iguladade para poñer en valor o grupo “Mulleres de Seu”

  • As máis de 450 socias deste grupo para o empoderamento da muller no rural terán, entre outros, acceso a formación de calidade dentro do VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020, activado pola Xunta para a empregabilidade e o desenvolvemento profesional das mulleres rurais
  • O convenio inclúe tamén accións de difusión e asesoramento a Mulleres de Seu por parte da Secretaría Xeral

 

CLUN premia, un ano máis, as Letras Galegas

  • A cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas
  • Os gañadores da VII edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Arcadio Mallo, Tania Vidal e Susana Villamor, na categoría de adultos; e Lorena Fernández, Ariana Núñez e Nerea Costa, na xuvenil
  • No acto de entrega participaron, entre outros, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, o presidente da Real Academia Galega, o vicepresidente e o director da división láctea de CLUN

Cooperativas Lácteas Unidas consolida unha facturación de 230 millóns de euros en 2017

  • O director xeral de CLUN, José Luis Antuña, expuxo as principais cifras da cooperativa, que facturou o pasado exercicio máis de 125 millóns de euros. Feiraco Lácteos, máis de 76, e Acolat- Clesa preto de 28 millóns. A cooperativa e as súas sociedades investiron máis de 5 millóns de euros en maquinaria e novos envases, sistemas de información e novas tecnoloxías, proxectos de I+D+i e outros activos industriais
  • José Luis Antuña asegurou que Galicia ten condicións para consolidarse como a principal potencia láctea de España e animou a buscar masa crítica para crear alianzas que xeren valor. “Estamos abertos ao futuro, ao crecemento e á integración se ten sentido para a mellora de todos e cada un dos nosos socios”, afirmou
  • O presidente da Cooperativa, José Ángel Branco, destacou os recoñecementos de CLUN durante este ano, síntoma de que “estamos a facer ben as cousas” e lembrou que este Encontro “contribúe a fomentar o orgullo de pertenza ao medio rural e a estimular o traballo colectivo dos nosos socios”