OS QUE MADRUGAN POR NÓS

Feiraco é o único leite galego de cooperativa

Pertencemos á cooperativa CLUN,  o que implica que, miles de gandeiros e gandeiras galegos son os encargados de elaborar o mellor leite para ti, directo do noso campo e sen intermediarios.

Coñece a Ismael

Ismael forma parte dunha das ganderías con máis historia da nosa cooperativa. A súa paixón polo campo vén de lonxe, xa que a gandería comezou cos seus bisavós, pasou á súa nai e hoxe el, con só 23 anos, segue co legado familiar, coidando máis de 100 vacas.

A súa explotación, Gandería José da Toxa, está situada en Muíño, Zas. Xunto coa súa irmá, encárgase do día a día da granxa, onde teñen 70 vacas en produción e un total de 120 cabezas.

Aínda que estudou un ciclo relacionado co sector agrario, non estaba directamente vencellado coa gandería. Iso non lle impediu seguir vinculado á súa paixón, combinando o traballo na granxa cun segundo emprego.
O que máis lle gusta do seu traballo? Pois aínda que lle encanta todo o que implica o coidado dos animais, desfruta especialmente das campañas de traballo coas máquinas e do momento da muxidura.

Un exemplo de dedicación e amor polo rural! 🐄🌿

Coñece a Álvaro

O amor de Álvaro polas vacas comezou con seu pai como inspiración. Un mundo do que se namora cada día coidando ás máis de 300 vacas da súa gandería. Álvaro tamén se está formando para ser un gran gandeiro. Non hai dúbida de que o seu futuro está no campo.

Ten 21 anos, estudou en Sergude o ciclo Medio de introducción á Agropecuaria e agora está formándose no ciclo superior dual de ganadería e asistencia en sanidad animal.

Traballa na gandería Nuveira S.C situada na parroquia de Arcos, no concello de Mazaricos. Incorporouse á ganadería familiar non fai nin un ano e xunto con seu pai coidan de cerca de 300 vacas.

O que máis lle gusta é “andar entre as vacas” e descubreuno grazas á pandemia, mudouse na cuarentena de A Coruña a Mazaricos, onde seu pai e comezouse a interesar por elas.

Álvaro tiña claro que o relevo da gandería non podía ser unha preocupación para seu pai, por iso o tivo claro: “tendo a sorte de ter isto montado, non vou deixar que se perda”.

Coñece a Silvia

En Servia, Lousame, atopamos a Gandería Rego S.C, un proxecto con alma no que traballan man a man Silvia e súa nai, dando continuidade a unha tradición familiar profundamente enraizada no campo.

Silvia sempre sentiu unha conexión especial coa natureza e cos animais. Nun momento no que buscaba unha saída profesional, a gandería ofreceulle unha oportunidade real de futuro. E non o dubidou: colleu o relevo familiar e, desde hai máis de dez anos, está ao fronte da gandería xunto con súa nai.

O que máis lle apaixoa do seu día a día é estar ao aire libre, coas vacas, no campo. É aí onde se sente plena, facendo o que lle gusta e coidando do que sempre foi parte da súa vida.

Pero Silvia non está soa. Conta cun equipo moi especial: Goofie, León, Sil e Chispa, os seus inseparables colaboradores de catro patas, que a acompañan cada día no seu traballo.

Na Gandería Rego S.C. respírase compromiso, tradición e moito amor polo rural. Grazas a persoas como Silvia, o campo galego segue vivo, con forza e con futuro.

Coñece a Nerea

Nerea é estudante e tamén gandeira. Forma parte da Gandería Casa Balexo, onde cada día axuda á súa nai no coidado das vacas. Alí, dende ben nova, aprendeu que manter vivo o rural galego non só é posible, senón necesario.

Aínda que agora estudar é a súa prioridade, volver á casa para botar unha man na gandería é a súa maior motivación. Porque sabe que o seu vínculo coa terra, coas vacas e coa súa familia vai durar toda a vida.

Mozas como Nerea representan o presente e o futuro do campo galego. A súa paixón, compromiso e cariño polo traballo fan dela un exemplo de como a tradición pode convivir coa formación e a modernidade.

Grazas a Nerea e a tantas mulleres coma ela, o rural galego segue tendo voz, forza e futuro.