Puxéronse a disposición do público máis de 5.000 gorros e paraugas coas cores e identidade gráfica da simbiose entre a marca e o club.
FEIRACO participou de maneira activa na celebración do 25º aniversario da histórica conquista da Liga por parte do Real Club Deportivo de La Coruña cunha acción coa que recuperou a memoria dunha das etapas máis brillantes do club e da súa relación coa marca galega.
Durante a previa do encontro celebrado o sábado 17 de maio en Riazor, FEIRACO organizou a repartición dunha edición limitada de «merchandising» co deseño exclusivo do aniversario. En total, puxéronse a disposición do público máis de 5.000 gorros e paraugas coas cores e identidade gráfica da simbiose FEIRACO-DÉPOR.
A acollida da iniciativa superou todas as expectativas. As unidades dispoñibles esgotáronse na súa totalidade en menos dunha hora, amosando o forte vínculo emocional que a afección conserva con aquela época dourada do club.
Con esta acción, desde FEIRACO buscaron homenaxear un capítulo inesquecible da historia do deporte galego, no que a marca acompañou ao emblemático club como patrocinador principal. Por ese motivo, «non quixemos perder a oportunidade de sumarnos a esta celebración dunha maneira activa, poñendo en valor a conexión emocional cos milleiros de afeccionados que se achegaron ese día ás inmediacións de Riazor», apuntan.