Feiraco e o RC Deportivo da Coruña renovamos a nosa alianza nesta tempada en Primeira División

Ver vídeo: Link ao vídeo

    • Presentamos a continuidade desta relación cun vídeo co lema ‘Xuntos en Primeira’
    • Mantemos a nosa aposta por ser proveedor oficial do club de leite, polo impulso do deporte base e feminino e pola promoción de hábitos de vida saudables

    A Coruña, 17 de setembro de 2026. Dende Feiraco, marca integrada na cooperativa rural galega CLUN, renovamos a nosa alianza co RC Deportivo da Coruña para a tempada 2026/2027, unha tempada especialmente ilusionante polo regreso do club branquiazul á elite do fútbol español.

    Presentamos a undécima tempada desta colaboración baixo o lema ‘Xuntos en Primeira’, cun vídeo que reforza o estreito vínculo que nos une con esta entidade e os valores comúns que compartimos: o compromiso, o esforzo, o traballo en equipo e a proximidade ao territorio.

    Somos proveedor oficial do R.C Deportivo e os nosos produtos están presentes no comedor da cidade deportiva de Abegondo. Tanto o noso leite como os nosos iogures forman parte da alimentación diaria dos profesionais que integran a estrutura deportiva, dende os xogadores dos primeiros equipos masculino e feminino, así como os equipos técnicos.

    Na cooperativa amosámonos «ilusionados por esta tempada, e polos resultados acadados. Gústanos pensar que os xogadores tomen leite Feiraco cada día contribuíu dalgunha forma a chegar ata aquí. E con esa ilusión continuamos esta tempada a colaboración». Do mesmo xeito, sinalamos que «a lonxevidade desta relación vai moito máis alá do fútbol, trátase tamén de fomentar unha vida en movemento e con boa alimentación, de desfrutar e compartir ilusión en cada partido, e de que o deporte galego siga colleitando éxitos».

    Esta visión común aséntase nun piar fundamental para nós: a aposta polo futuro. No club coruñés, esta materialízase no seu traballo de canteira, unha das máis frutíferas de todo o fútbol español. Conscientes disto, mantemos o noso apoio á Fundación RC Deportivo mediante iniciativas como DéporEscolas e o DéporCampus, programas formativos que cada ano achegan a práctica deportiva, os hábitos saudables e os valores do deportivismo a case 3.000 nenos e nenas de toda Galicia na derradeira edición.

    Coa renovación desta alianza, reafirmamos xunto ao RC Deportivo da Coruña o noso compromiso coa construción dun proxecto común e duradeiro, centrado no desenvolvemento das novas xeracións, a posta en valor do territorio e a combinación de deporte e boa alimentación como claves dun estilo de vida saudable. «Para moita xente, Feiraco evoca a mellor época da historia branquiazul; e ilusiónanos estar ás portas doutra etapa dourada do fútbol galego», confesamos dende CLUN.

 

MÁS NOTICIAS

Descubre todas las novedades de Feiraco y mantente al tanto de todo lo que hacemos.

Ver todas las noticias

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 de mayo de 2025

Ler máis

Feiraco renueva su imagen con el campo gallego como protagonista

13 de febrero de 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma su convenio colectivo hasta 2026 con la unanimidad de los sindicatos

9 de diciembre de 2024

Ler máis