Carlos Arrojo transforma identidade en linguaxe visual. O seu traballo, contemporáneo pero profundamente ligado ao territorio traduce cultura, orixe e memoria en imaxes claras, próximas
e con alma.
Por iso é o encargado de ilustrar os novos tres iogures gregos de Feiraco: o natural, o vainilla con mazá e o pexego con froita de paixón. Cada packaging representa o noso territorio e costumes a través dunha ilustración que respira as catro provincias galegas.
Desde a Torre de Hércules á Igrexa da Peregrina, acompañados por un gaiteiro e unha pandereteira. Serás capaz de ver todos os debuxos nos nosos iogures?
No traballo desde ilustrador, afincado na Coruña, destaca a simplificación das formas e o uso expresivo da liña.
É a voz visual dunha Galicia viva, actual e orgullosa de si mesma, o mesmo territorio emocional que Feiraco habita.
Cada trazo remite a unha terra concreta e recoñecible. Galicia non é un simple escenario, é o punto de partida de todo: do leite, das persoas e da forma de facer de Feiraco, profundamente ligada ao seu territorio.
O campo galego aparece como un motor vivo, cheo de actividade e coidado. Un entorno traballado con respecto, onde a tradición e o saber facer constrúen a calidade que define a Feiraco.
Elementos da paisaxe e da arquitectura conectan cunha herdanza compartida que pasa de xeración en xeración. Unha tradición que non se perde, senón que evoluciona e segue presente.
A vexetación, a auga e a paisaxe forman parte esencial do relato visual. Galicia preséntase como un ecosistema rico e equilibrado que nutre, sostén e dá sentido á calidade do leite.
As escenas rurais transmiten proximidade, ritmo pausado e autenticidade. Unha forma de vida real, onde nace un leite ligado ao seu entorno, sen artificios nin idealizacións.