Receita crema de lagostinos con Nata Feiraco

Hoxe traémosche un entrante de luxo e moi saboroso para unha mesa 10. E coa nosa Nata Feiraco será aínda un pouco máis especial. Anímaste a facela esta fin de semana?

Ingredientes

1/2 kg lagostinos crudos (poden ser conxelados)

50 g manteiga

200 ml de nata para cociñar Feiraco

3 culleradas de tomate frito

1 culleradiña de viño branco

2 culleradas de fariña

1 rama apio

Tomiño

Loureiro

Perexil

Zume de limón

 

Preparación

Poñemos a ferver nunha pota un litro de auga á que lle engadimos o sal, loureiro (1 folla é suficiente), o apio e un pouquiño de perexil. En canto ferva botamos os lagostinos e agardamos a que a auga volva ferver. Retirámolas do lume e deixámolas repousar un par de minutos.

Colocamos os lagostinos nun bol con auga e xeo para que arrefríen. Coamos a auga que quedou de cocelas e reservamos.

Pelamos os lagostinos e separamos as cabezas, que pasamos por un coador tipo “chinés”. Nunha tixola poñemos a manteiga. Cando esté derretida engadimos a fariña e remexemos ben. Engadimos o caldo de ferver os lagostinos. Botamos tamén o tomate frito e deixamos cocer 15 minutos a lume lento.

Transcorrido ese tempo, sumámoslle o viño branco, a nata Feiraco e os lagostinos pelados (deixa un par reservados para o empratado), un pouquiño de zume de limón en lugar de sal e listo.

Pasamos todo polo batedor.

Para servir, queda estupendo con algúns anacos de lagostinos enteiros polo medio dos que deixaches reservados e un toque de perexil.

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis