Receita bacallau con nata

Os nosos veciños portugueses son uns artistas da cociña! Así que hoxe animámonos coa súa famosa de receita de “Bacalhau com natas” pero, como non podía ser doutro xeito, co noso toque 100% galego do leite e a nata Feiraco para cociñar. Ide encargando pan, porque vos fará falta para non deixar nadiña no prato 🙂

Ingredientes

  • 1 lomo de bacallau desalgado (sobre 500 g)
  • 3/4 patacas medianas
  • 2 vasos de leite Feiraco
  • 200 ml de nata Feiraco para cociñar
  • 1 cebola
  • 3 culleradas de fariña
  • Aceite de oliva
  • Pementa e noz moscada

Preparación

  • Pelamos as patacas, cortámolas en toros e fritímolas lixeiramente.
  • Colocamos na base dunha fonte para o forno.
  • Por outra banda, cocemos os anacos do bacallau no leite durante dous ou tres minutos. Reservamos. Picamos media cebola e rustrímola a lume lento, poñemos as tiras de bacallau coa cebola e salteamos todo xunto. Colocamos o bacallau e a cebola sobre as patacas na fonte.
  • Preparamos unha bechamel lixeira coa manteiga, a fariña e o leite co que cocemos o bacallau, engadindo máis leite se fose necesario. Engadímola á fonte
  • Enfornamos a 190º durante quince minutos.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis