O noso leite por bandeira: festexa o Día de Galicia con nós!

Xullo é un mes cheo de celebracións e xa sabedes que en Feiraco somos mooooi de festexar! Esta vez quixemos adiantarnos ó 25 de xullo sacando a bandeira galega, pero non unha calquera, senón unha bandeira co noso leite galego e de cooperativa ? ?. O NOSO LEITE POR BANDEIRA é a maneira de volver aportar a nosa pinga de leite para poñer en valor aos nosos e á nosa terra, Galicia.

 

Pendurar a bandeira galega e construír O NOSO LEITE POR BANDEIRA é unha pequena e especial homenaxe para todos eses galeg@s que tanto sinten pola súa terra. E senón que llo digan a Fernando, o noso compañeiro que axudou na montaxe de #ONosoLeiteporBandeira pois o proceso non foi tan sinxelo. ?? Con todo, para nós é mooooi especial! Esta bandeira non só representa á nosa terra, senón ao produto do que vivimos todos os soci@s gandeiros da cooperativa, o noso leite galego! ? E como non, vai tamén por todos vós que nos acompañades no día a día! ?? Por iso, que mellor forma de celebralo que cun sorteo dun ano de leite FEIRACO gratis

 

➡ Só cómpre que sexas fan de Feiraco nas redes sociais e que nos deixes un comentario nesta publicación en Instagram ou neste post en Facebook mencionando a dúas persoas que lles encante presumir de ser galegas coma nós? (ou ainda máis ca nós!)

E OLLO?! se queres conseguir unha participación extra, SUBSCRÍBETE ao Club Feiraco aquí. E se xa te uniches, entón tes a participación extra asegurada

?? UN ÚNICO GAÑADOR/A!! ?
⏲ Prazo de participación: luns 25 de xullo ás 23:59 h.
O martes 26 de xullo anunciaremos gañador/a vía Stories nas nosas redes sociais.
Bases legais 


© Bandeira de Leite construída polo noso compañeiro Fernando con Leite Feiraco e Leite Bienatur @clesaoficial, ambos son leite 100% galego e de cooperativa envasados na nosa fábrica en Ames.

 

 

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis