Leite con Letras Galegas Feiraco: únete ao Club Feiraco!

Maaaaarchando leite con Letras Galegas Feiraco! ??

En Feiraco temos claro que cando alguén escribe poesía na nosa lingua, chegándonos ao corazón, merece o recoñecemento de todos os galegos e o noso, o primeiro. Por iso, vestimos os nosos envases de Letras Galegas cun deseño novo en homenaxe a Florencio Delgado, o galardoado desta edición, pero co sabor de sempre e que xa podes mercar nas tendas ou supermercados. ?

Nesta edición especial Día das Letras Galegas atoparás nos envases de Feiraco unha pequena biografía sobre a vida de Florencio Delgado e tamén un dos poemas do seu libro “Galicia Infinda”. Un gran exemplo de compromiso coa súa querida Galicia que levou mesmo ata o outro lado do océano, a México, e de aí que estes teñan tamén a bandeira do país que o acolleu no exilio.

 

envases letras galegas feiraco

 

E se es das persoas que sinte que a felicidade reside en ler un bo libro acompañado dunha caneca de leite 100 % galego, faite co Kit Letras Galegas Feiraco.

 

Para celebrar que inauguramos o club Feiraco, sorteamos entre todas as persoas que vos inscribades ata o 30 de maio de 2022, vinte packs compostos cada un por un libro ilustrado sobre Florencio Delgado e unha caneca chea de poesía.

kit letras galegas

 

Tes para participar ata o 30 de maio de 2022, anunciaremos gañadores o 31 de maio de 2022. Inscríbete aquí no CLUB FEIRACO.

 

? Consulta as bases legais da promoción Letras Galegas e do Club Bases legais. 

 

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis