X Certame de Microrrelatos Feiraco 2021

Xa está aberto o X CERTAME DE MICRORRELATOS FEIRACO, que organizamos en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  • Participa na aplicación que atoparás nesta páxina subindo un relato en galego que comece pola frase “Hai hoxe 10 anos…”. e que non supere os 500 caracteres con espazos, incluida a frase inicial. Pon a traballar a túa imaxinación, pero non te despistes co prazo: tes ata o 31 de maio!
  • Premios: unha funda-block edición especial Feiraco elaborada pola artesá Cristina Valverde, dona da empresa Coiro Enxebre (1º premio), un moedeiro de coiro fabricado pola mesma artesá (2º e 3º premios), ademais de lotes de libros cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e lotes de produtos Feiraco.

Agardamos polas vosas creacións!

BASES LEGAIS

RELATOS PREMIADOS 2021

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis