BENVIDO A FEIRACO

Cooperativa de gandeiros
Somos unha cooperativa fundada hai 50 anos e formada por 2.114 socios LER MÁIS
Feiraco, o leite que sabe a Galicia LER MÁIS Alimentando un Xeito de ser LER MÁIS É a filosofía que nos define dende hai 50 anos, baseada nos nosos valores: o cooperativismo, a naturalidade, a galeguidade, a calidade e o respecto ao medio e ao noso entorno. Método Feiraco.
Calidade de principio a fin
LER MÁIS
Método Feiraco.
Calidad de principio a fin
LER MÁIS
Método Feiraco.
Calidad de principio a fin
LER MÁIS

DESCUBRE A NOSA COOPERATIVA

Somos unha cooperativa de gandeiros fundada hai 50 anos e todo un referente no sector lácteo de Galicia. A nosa evolución ao servizo do medio rural impulsounos a crear durante o ano 2017, xunto coas cooperativas Os Irmandiños e Melisanto, o proxecto líder do cooperativismo galego, Cooperativa Lácteas Unidas CLUN.

Producimos, recollemos e comercializamos leite de vaca e produtos derivados procedentes unicamente das explotacións dos socios da nosa coooperativa aos que lles garantimos todos os servizos para que desenvolvan a súa actividade.

Dende hai case medio século, traballamos Alimentando un Xeito de Ser; moito máis que un slogan. É a nosa filosofía, sustentada no cooperativismo, a naturalidade, a galeguidade, a calidade e o respecto ao medio e ao noso contorno.

En CLUN mantemos un firme compromiso coa calidade para ofrecerche os mellores produtos lácteos, saudables e elaborados de maneira responsable e sustentable. Ademais, apostamos por fomentar o desenvolvemento económico e social de Galicia, apoiando e dándolle valor á produción gandeira dos nosos socios.

Os produtos Feiraco proceden exclusivamente do leite que producen os socios gandeiros da cooperativa CLUN. Eles son a peza crave da creación deste novo proxecto cooperativo galego. Socios que souberon adaptarse aos cambios do paso do tempo e que fixeron posible a modernización do agro galego. Todos eles son a historia viva da cooperativa que axudaron, co seu esforzo, a construír a Galicia de hoxe.

Actualmente contamos con 3.600 socios e 490 ganderías, todas elas situadas en Galicia.

Feiraco, o leite que sabe a Galicia

Temos un compromiso con Galicia para axudar a vertebrar o seu tecido social e económico. Ese compromiso está implícito tanto nos nosos valores coma nos nosos métodos de traballo e cobra forma en actividades encamiñadas á sociedade.

COÑECES O NOSO MÉTODO FEIRACO: CALIDADE DE PRINCIPIO A FIN?

O obxectivo de Feiraco é a calidade de principio a fin, do campo á túa mesa, para traerche os mellores produtos lácteos. Para conseguilo, apostamos polo benestar animal, garantimos a seguridade alimentaria e defendemos a innovación permanente. Descubre máis sobre o MÉTODO DE CALIDADE INTEGRAL.