AS NOSAS GANDARÍAS

As nosas gandarías foron as primeiras certificadas en Europa Somos a primeira empresa europea que certificou as súas gandarías co selo de calidade ISO 22000 para garantir a calidade dende o inicio da cadea de produción LER MÁIS Gandarías en Galicia

TODAS AS NOSAS GANDARÍAS
ESTÁN EN GALICIA

O leite Feiraco procede unicamente das granxas dos nosos socios gandeiros, situadas en 18 municipios concentrados na área de influencia das comarcas coruñesas de Santiago, Ordes e Arzúa.

A concentración e a proximidade xeográfica das nosas gandarías redundan na calidade e trazabilidade dos nosos produtos, así coma no coidado polo noso contorno.

Ademais, as nosas granxas apostan por modelos de xestión sustentable e políticas de innovación e seguridade alimentaria que garanten a calidade de todos os nosos produtos dende a orixe.