As marcas de CLUN Leche Únicla e Clesa entran a formar parte do programa Universo Mujer, do Consello Superior de Deportes, a través do patrocinio da expedición “Compromiso con la Tierra: 1.000 km de hielo”
En Leche Únicla gústannos as mulleres valentes e únicas. Por iso estamos tan felices de anunciarvos que somos unha das marcas patrocinadoras do proxecto «Compromiso con la tierra: 1.000 km de hielo”. A alpinista Chus Lago e o seu equipo feminino marcáronse como meta atravesar con esquís o casquete polar de Barnes, na illa de Baffin (Canadá), pola súa ruta máis longa e superando o seus máis de 1.000 metros de altura no punto máis alto. O obxectivo? Alertar sobre o cambio climático.
“Búscanse
homesMULLERES para viaxe perigoso. Soldo escaso. Frío extremo. Longos meses de completa escuridade. Perigo constante. Non se asegura o regreso. Honra e recoñecemento en caso de éxito» (Ernest Shackleton).
Tras pasar por Laponia en 2016, agora están en Canadá, concretamente en el casquete polar de Barnes, situado na illa de Baffin. Alí van a completar unha perigosa ruta de 200 km en condicións extremas, na que sortearán numerosas barreiras de xeo e superarán alturas de máis de 1.000 metros. Todo un exemplo de superación e de empoderamento da muller!
A través das nosas redes sociais iremos seguindo a súa aventura e transmitíndolles toda a nosa forza e enerxía para completar o seu reto.
Universo Mujer
Esta expedición forma parte de UNIVERSO MUJER, unha iniciativa do Consello Superior de Deportes que fomenta a mellora e a transformación social a través dos valores do deporte feminino.
A través desta colaboración, dende Leche Únicla queremos contribuir a profundizar no empoderamento da muller e dignificar a súa figura como un pilar fundamental da sociedade.