Somos cooperativa!

Dende a fundación de Feiraco, hai xa case 50 anos, traballamos a prol do compromiso co sector lácteo e co desenvolvemento de Galicia, e todo dende un pilar básico que marca o noso xeito de ser: o cooperativismo.

Agora, integrados en CLUN, a cooperativa de segundo grao nacida este ano da unión de Feiraco con Melisanto e Os Irmandiños, seguimos mantendo os mesmos valores que nos moven dende sempre: o apoio constante aos nosos socios e socias, o crecemento sostible do agro galego e unha filosofía de traballo baseada na naturalidade, a calidade e o respecto ao medio ambiente e ao noso entorno.

Que é unha cooperativa?

Unha cooperativa é unha fórmula empresarial de propiedade conxunta de todos os socios e socias. A súa estrutura e xestión son democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. No noso caso, producimos, recollemos e comercializamos leite de vaca e produtos derivados procedentes unicamente das explotacións dos nosos socios e socias.

A axuda mutua é un dos principais valores do cooperativismo. Garantizamos a todos os socios/as os servizos e subministros necesarios para que desenvolvan a súa actividade: pensos, produtos de agricultura e gandeiría, asesoría, seguros…

Ademais, traballamos polo desenvolvemento profesional integral.  Dispoñemos dun amplo catálogo de cursos coas últimas innovacións do sector en materia de alimentación animal, xestión de explotacións e capacitación empresarial.

A igualdade e a equidade entre socios é a base do funcionamento dunha cooperativa.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis