Leite Feiraco, agora sen lactosa!

En Feiraco ampliamos a nosa gama de leites coas novas variedades Feiraco Sen Lactosa! Se es intolerante á lactosa ou buscas un leite máis dixestivo con todo o sabor e a calidade 100% galega, sen dúbida este é o teu leite.

Nas súas dúas variedades, semidesnatado e desnatado, constitúe a alternativa perfecta para aqueles consumidores que buscades unha variedade sen lactosa, máis lixeira e adaptada ás vosas necesidades. Buscádeo no voso punto de venda habitual e probádeo! Estamos desexando coñecer a vosa opinión!

 

Marcas de calidade

A única diferenza co leite Feiraco de sempre é que non ten lactosa. O resto do proceso de produción é igual. Ofrecemos a máis alta calidade dende a orixe, con leite recollido das explotacións dos nosos socios gandeiros e co aval das marcas de garantía de maior recoñecemento: Galega 100% e Galicia Calidade. Ademais, igual que o resto de leites Feiraco, a variedade sen lactosa non contén glute e conta a maiores co selo de garantía de la Asociación Española de Intolerantes á Lactosa (ADILAC).

 

Únicla, tamén sen lactosa

Co lanzamento desta nova gama, dende a cooperativa CLUN ofrecémosvos unha nova opción para tomar leite sen presenza de lactosa coa marca Feiraco, que se une ás variedades de Únicla xa presentes no mercado: semidesnatado e desnatado.

Ambos leites sen lactosa teñen a súa orixe nas explotacións dos socios gandeiros de CLUN, e Únicla conta ademais co aval de Leite Premium, procedente de granxas certificadas en Benestar Animal e as primeiras de Europa co selo AENOR ISO 22.000.

Grazas a unha alimentación diferenciada das nosas vacas, a partir das mellores forraxes da nosa terra complementadas con semillas de liño que reproducen os pastos de primavera e outono, Únicla convértese nun leite único con presenza natural de CLA, Omega 3 e antioxidantes como o selenio. Ademais, as súas variedades sen lactosa contan co selo do International Taste Award polo seu sabor excepcional.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis

Feiraco celebra ‘Un Nadal para todos’ unindo xeracións e tradicións

18 Decembro, 2025

Ler máis

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis