O traballo dos nosos gandeiros e gandeiras é o que fai posible todo o que somos en FEIRACO. O traballo de todos eles, o seu esforzo e a súa dedicación ten un punto clave en común: o campo.
Traballamos como equipo por un mesmo obxectivo, saíndo cada día a dalo todo no campo. Cada xornada de traballo é un novo reto ao que fan fronte todos os nosos gandeiros e gandeiras.
Todos eles dano todo para conseguir os mellores resultados, o mellor leite. E por iso, creamos “Todo se decide no campo”.
Unha homenaxe aos socios da nosa cooperativa, un berro en común dun equipo que sae día a día a defender a nosa paisaxe, as nosas aldeas, a nosa forma de ser e a calidade do noso leite. Sabemos que do campo depende o presente e o futuro de Galicia.
Porque cando elixes Feiraco, elixes o traballo de miles de gandeiros, elixes Galicia, elixes apoiar o esforzo de todos os gandeiros.
Porque cando elixes Feiraco elixes o traballo de miles de gandeiros, elixes Galicia, elixes apoiar o esforzo de todos eles. E sabemos que grazas a ti, todo este esforzo ten recompensa.
Porque en FEIRACO témolo claro: TODO SE DEDICE NO CAMPO!