Feiraco, patrocinador oficial do Xacobeo 2021

Aínda que este ano demostrounos que hai moitas cousas que poden cambiar, hai outras que non o farán nunca… Unha delas é o noso compromiso con Galicia e a nosa vontade de seguir apoiando o noso.

Por iso, fainos moi felices ser unha das marcas patrocinadoras oficiais do Xacobeo 2021, un evento que pon en valor o noso patrimonio cultural e natural, e que este ano debe converterse, máis que nunca, no motor de recuperación económica e anímica da economía e sociedade galega.

A nosa cooperativa CLUN firmou un acordo de patrocinio para levar a cabo accións de difusión e promoción deste evento, apoiando as actividades deportivas, lúdicas e musicais que teñan lugar no marco desta celebración.

Ademais, nas nosas redes sociais contribuiremos a seguir promocionando todo o relativo ao Camiño de Santiago e á celebración Xacobea, un dos nosos signos de identidade tan 100% galegos coma Feiraco.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis