FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

  • Os representantes dos traballadores e a dirección de Feiraco Lácteos SL firmaron, na tarde do pasado xoves, 5 de decembro, o convenio colectivo co respaldo unánime dos sindicatos CIG (Confederación Sindical Galega) e UGT (Unión Xeral de Traballadores)
  • Este firma reflexa o bo entendemento e a colaboración entre a empresa e os traballadores, principios fundamentais no marco cooperativo de Feiraco Lácteos.
  • Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, destaca que o novo convenio “fortalece a cohesión e o benestar no noso proxecto colectivo de poñer en valor o rural galego”

A dirección de Feiraco Lácteos e os representantes renovaron o convenio colectivo da empresa por un período de tres anos, o que asegura a súa vixencia ata decembro do 2026. O acordo, que beneficia a unha centena de traballadores foi firmado de xeito unánime polos sindicatos con representación na empresa: a CIG (Confederación Sindical Galega) e a UGT (Unión Xeral de Traballadores).

Este convenio é un reflexo dos principios cooperativos de Feiraco Lácteos, onde a colaboración, o compromiso mutuo e a cohesión son esenciais para o bo funcionamento desta empresa, que forma parte da Cooperativa CLUN. O acordo subraia o compromiso coa igualdade, a conciliación, a seguridade e a flexibilidade, proporcionando un marco de estabilidade que recoñece o esforzo colectivo e o traballo en equipo. O acordo acadouse grazas á confianza mutua, co compromiso de adaptarse ás tendencias laborais actuais e coa visión de seguir crecendo xuntos como parte da cooperativa CLUN.

Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, señalou “este convenio reflexa o espírito cooperativo que caracteriza a Feiraco Lácteos e a toda a cooperativa CLUN, onde a colaboración e o esforzo conxunto entre todos os que a forman son esenciais para o desenvolvemento e a profesionalización iniciada en 2021”. Así mesmo “é un paso máis no noso compromiso coa innovación, a dixitalización e a mellora da produtividade, sempre co enfoque de fortalecer a cohesión e o benestar de todos os que formamos parte deste proxecto colectivo que busca poñer en valor o rural galego”.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis

Feiraco celebra ‘Un Nadal para todos’ unindo xeracións e tradicións

18 Decembro, 2025

Ler máis

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis