Feiraco e Leite Únicla, no Festival de la Luz 2017

Un ano máis, tivemos o pracer de ser unha das marcas patrocinadoras do Festival de la Luz, un evento único e solidario amadriñado por Luz Casal.

Con Boimorto como telón de fondo, localidade natal da artista, a cita reuniu a miles de persoas e consolídase xa como un evento imprescindible do almanaque, que conxuga música, gastronomía, teatro, cultura, sustentabilidade, innovación… E, sobre todo, unha aposta clara e firme polo valor do rural coa que nos identificamos plenamente. E é que no Festival teñen un papel moi destacado a gastronomía e a difusión de iniciativas que fomentan a innovación e a calidade de vida no campo galego. Por iso, é todo un orgullo formar parte do Mercado de la Luz, no que volvimos a contar cun stand propio no que ofertamos todos os nosos produtos cun fin solidario: toda a recadación deste ano foi destinada a ONCOMET.

Ademais, na caseta Feiraco houbo tempo para debuxos e contos cos amigos de Polo Correo do Vento, que compartiron con todos os nenos e nenas cal é proceso do leite dende a granxa ás nosas mesas nas sesións de contacontos #DeOndeVénoLeite.

Grazas por compartir con nós esta cita única!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis