Feiraco e Leite Únicla no Festival de la Luz 2016

 

Feiraco e Leite Únicla participaron no quinto aniversario do Festival de la Luz, en liña co compromiso adquirido con Galicia e a nosa cultura. EStivemos en Boimorto a fin de semana do 9 ao 11 de setembro cun stand no Mercado de la Luz ofertando os nosos produtos. Toda a recadación foi donada á organización do festival que a destinará a Oxfam Intermón en beneficio dos afectados polo actual conflito en Siria.

Actividades infantís e contacontos

No noso stand puidestes disfrutar dun montón de actividades para toda a familia, de talleres infantís de contacontos e debuxos. Aprendemos de ónde vén o leite Únicla co noso conto infantil, editado por Feiraco, que narra o proceso do leite e o traballo da Cooperativa de gandeiros Feiraco para producir o mellor leite do mundo 🙂

Seguindo coas actividades pensadas para os máis pequenos, organizamos tamén un taller de fabricación de pins e sumámonos á gymkana infantil prevista pola organización do Festival de la Luz no marco do seu espazo cultivando deporte mini.
Moitas grazas a todos os nosos seguidores en Facebook Feiraco que viñestes a esta cita coa música, tanto os gañadores do sorteo de 80 abonos para os tres días, como os que viñestes pola vosa conta e vos achegastes a saudarnos ao stand.

 

Leche Únicla con el Festival de la Luz

 

Feiraco Yogu+. Mercado de la luz 2016

 

Stand Feiraco y Leche Únicla. Festival de la Luz 2016

 

Festival de la Luz 2016, Boimorto

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis