Descubre os novos envases de Feiraco e Únicla

Máis ergonómicos, cero goteos e pregado doado para facilitar a súa reciclaxe.

Un gran leite merecía un envase á altura da súa calidade. Por iso estamos tan felices de que por fin chegue ao mercado o proxecto no que levamos traballando tanto tempo. Os novos envases de Leite Feiraco e Leite Premium Únicla son os primeiros envases PurePak® Sense Aseptic para lácteos de longa vida en todo o sur de Europa.

En CLUN, a cooperativa da que formamos parte, investimos 3,2 millóns de euros para este lanzamento que marca un fito no noso mercado e que implica unha aposta clara pola innovación, a sustentabilidade e a mellora da vosa experiencia de consumo. Descubre as súas vantaxes!

O envase máis revolucionario

Os novos envases, da empresa noruega Elopak, confiren ao produto máis frescura e naturalidade.

Ademais, mellorará a vosa experiencia grazas ás súas características:

  • O seu deseño ergonómico facilita o agarre e mellora o manexo.
  • Tapón e top asimétrico, que favorece o vertido e evita os molestos goteos.
  • Pregado doado para facilitar a súa reciclaxe. Coidemos entre todos do medio!
  • E elaborados con cartón procedente de bosques sustentables

Como vedes, na cooperativa non paramos e a innovación, sempre entendida como un compromiso co noso medio e cos nosos consumidores, é o noso motor principal.

Estamos desexando coñecer as vosas opinións e a vosa experiencia. Lembrade que podedes pasarvos polas nosas canles de Facebook e Instagram, onde temos unha comunidade ben activa e participativa na que poder intercambiar opinións!

 

Descubre como tirarlle o máximo partido

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis

FEIRACO lanza iogures galegos e de cooperativa

8 Outubro, 2025

Ler máis

Dez tempadas de alianza: Feiraco renova o seu patrocinio co RC Deportivo de A Coruña

6 Outubro, 2025

Ler máis