Como se alimenta un xeito de ser?

Preguntástesvos algunha vez que hai detrás dun slogan publicitario? ‘Alimentando un xeito de ser’ é algo máis que unha frase bonita e atraente que soa ben nos medios de comunicación. Dende logo, ese non era o noso obxectivo principal cando nos puxemos mans á obra a traballar na nosa última campaña de publicidade.

Buscabamos un lema que recollese os valores fundamentais que definen a nosa marca e o noso xeito de facer as cousas no sector lácteo, agradecéndovos a confianza que depositades cada día nos nosos produtos. Xurdiu así ‘Alimentando un xeito de ser’, unha proposta que nos conquistou dende o principio.

O ‘xeito de ser Feiraco’

E cal é o ‘xeito de ser Feiraco’ ao que fai referencia o slogan? É a filosofía que nos define e que está marcada por valores que nos acompañan dende os inicios da cooperativa, hai máis de 40 anos: cooperación, xenerosidade, respecto ao medio e, sobre todo, compromiso con Galicia e co desenvolvemento do noso medio rural.

Estes valores non son unha simple declaración de intencións sobre o papel: traballamos cada día para facelos posible, optimizando os nosos procesos de produción para mellorar a calidade dos nosos produtos, revalorizando o campo a través de proxectos de investigación e innovación e preocupándonos polos nosos socios gandeiros, homes e mulleres que, en definitiva, apostan por Galicia e se esforzan cada día por ofrecer o mellor do seu traballo. Gústanos pensar que, en realidade, unha parte de si mesmos vai en cada brik que chega ás vosas casas.

Os nosos consumidores, transmisores dos nosos valores

Vós, como consumidores, tamén sodes unha parte crucial do noso proxecto. Consumindo os nosos produtos e outorgando a Feiraco un oco nos vosos fogares convertédesvos, ao fin e ao cabo, en transmisores e defensores dos nosos propios valores.

No anuncio da campaña quixemos representar esta realidade a través da figura da nena protagonista. Nunha pequena aventura matinal, mentres os seus pais dormen, a nena asume o rol de nai, amosando a súa xenerosidade ao servir primeiro o almorzo ás súas mascotas antes que a ela mesma, sen que se lle esqueza nin sequera a súa vaquiña de peluche. A través dos produtos Feiraco, a nena encarna a filosofía de cooperación e respecto que forma parte dos nosos valores.

Grazas pola vosa confianza. Grazas por seguir alimentando un xeito de ser!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis