CLUN, contra a violencia de xénero

Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), os traballadores e traballadoras de CLUN realizaron paróns e concentracións ás 12:00 h. en todos os centros da cooperativa (Ponte Maceira, Ribadeo, Caldas de Reis, Melide e axencias agrarias), como unha mostra de seu rexeitamento ante calquera tipo de violencia.

CLUN e o papel da muller

A muller é un dos alicerces fundamentais da nosa cooperativa. Non en balde, o 50% dos nosos socios son mulleres. Traballamos cada día para derrubar os muros que obstaculizan a igualdade entre homes e mulleres. Este é un dos nosos compromisos máis importantes. Para iso contamos desde 2009 cun Plan de Igualdade e o noso traballo foi recoñecido coa distintivo Igualdade na Empresa, do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.

Ademais, contamos con Mulleres de Seu, unha iniciativa integrada por socias da Cooperativa Feiraco cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento das mulleres e dignificar o seu papel no ámbito rural, favorecendo a integración na Cooperativa e fomentando a súa participación nos órganos de goberno. Para iso, impulsamos accións formativas específicas nas que as socias melloran as súas capacidades e habilidades para a xestión integral e eficiente das súas ganderías.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis

FEIRACO lanza iogures galegos e de cooperativa

8 Outubro, 2025

Ler máis

Dez tempadas de alianza: Feiraco renova o seu patrocinio co RC Deportivo de A Coruña

6 Outubro, 2025

Ler máis