A clave está na orixe

A seguridade alimentaria é un dos aspectos que cada vez preocupa máis aos consumidores. Queres saber que garantías che ofrecemos dende Feiraco? Sigue lendo!

En Feiraco traballamos cada día para ofrecerche os mellores produtos lácteos con todas as garantías de calidade dende a orixe. Hixiene alimentaria, trazabilidade e controis sanitarios permanentes ao longo de todo o proceso forman parte do camiño que percorre o noso leite desde as granxas ata a túa mesa. E todo iso avalado polos selos e certificacións máis importantes do sector.

 

Granxas pioneiras en Europa

Sabías que en Feiraco fomos pioneiros en certificar nosas propias granxas? O selo ISO 22000, que recibimos en 2009, marcou un fito sen precedentes en Europa, pois as nosas ganderías foron as primeiras en recibir a certificación do primeiro elo da cadea alimentaria: o produtivo.

Que significa isto? Que garantimos a seguridade alimentaria xa na propia orixe cun dos selos máis prestixiosos a nivel internacional, recoñecido en máis de 160 países. Aí é nada!

Calidade diferenciada

A procura da excelencia hixiénico-sanitaria das nosas explotacións leiteiras tamén é outra das nosas prioridades.

 

O selo Galega 100% que podes ver nos nosos envases e que concede LIGAL non só garante que o leite é galego: certifica tamén que as nosas granxas alcanzan de maneira continuada uns parámetros superiores aos esixidos polas normas comunitarias, tanto en materia de saneamento e seguridade alimentaria como no cumprimento dos máis altos estándares de calidade.

Por iso, todas as nosas ganderías están inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras Galegas de Calidade Diferenciada.

Controlamos todo o proceso

A trazabilidade está estreitamente relacionada coa seguridade alimentaria. Paraches a pensar en como inflúe o feito de ser unha cooperativa na calidade dos nosos produtos? O leite Feiraco procede unicamente das granxas dos nosos socios e socias, todas elas situadas en Galicia. Isto permítenos controlar e optimizar todas as etapas do proceso produtivo, desde a alimentación das nosas vacas ata a comercialización dos produtos que chegan ao teu fogar.

E si… O noso traballo comeza mesmo desde antes de que as vacas dean o leite. Temos claro que uns animais ben alimentados van producir un leite máis saudable. Os nosos/as granxeiros/as reciben asesoramento técnico permanente en áreas como a produción de forraxe ou a alimentación e benestar das vacas.

Ademais, fabricamos os nosos propios pensos e suplementos alimenticios, deseñados a medida das vacas para que poidan producir o mellor leite. Todo isto, unido aos mellores pastos de Galicia, garante a excelente calidade da materia prima.

Como vedes, o noso esforzo pola calidade e a innovación é, en definitiva, o noso compromiso cos consumidores.

 

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis