Feiraco é o único leite galego de cooperativa.
Pertencemos á cooperativa CLUN, o que implica que, miles de gandeiros e gandeiras galegos son os encargados de elaborar o mellor leite para ti, directo do noso campo e sen intermediarios.
Detrás do noso leite, hai persoas como Nerea, gandeira en Ganadería Casa Balexo e socia da nosa cooperativa.
Coidamos con agarimo das nosas vacas e garantizamos o seu benestar
Levamos máis de 50 anos sendo un referente no sector lácteo galego, demostrando que se pode apostar por un modelo sostible no sector gandeiro, xerando emprego e riqueza no rural galego.
Pertencer a unha cooperativa permítenos ter o control total do proceso, coidando cada paso, dende o noso campo, ata a túa mesa.
Coidamos cada vaca con dedicación para ofrecerche leite de calidade directo do noso campo.
Traballamos cada día ao carón de miles de gandeiros e gandeiras socios da nosa cooperativa, asesorándoos dende o primeiro paso: o coidado do noso campo. Porque… Sabemos que todo se decide no campo!
Os socios da nosa cooperativa reciben asesoramento técnico personalizado para o coidado da saúde das vacas
Aportamos consellos aos nosos socios para o coidado do campo, e así contar coas mellores forraxes galegas á vez que elaboramos os nosos propios pensos, para poder asegurar unha boa alimentación das vacas.
Non hai leite como o da casa, por iso só recollemos leite 100% galego das ganderías dos nosos cooperativistas.
Controlamos e optimizamos todo o proceso, incluíndo o envasado, almacenamento e distribución
É así como os nosos cooperativistas conseguen manter a calidade de principio a fin, ata que o noso leite chega directo do campo á túa mesa.