Feiraco, calidade de principio a fin

 

Dende a granxa ata a túa mesa con todas as garantías de calidade. En Feiraco temos o noso propio xeito de facer as cousas no sector lácteo, caracterizado pola transparencia e a constante innovación para seguir mellorando os nosos procesos de produción. É o que a nós gústanos denominar o Método Feiraco.

O noso esforzo pola calidade e a innovación está avalado por unha serie de etiquetas e certificacións, como Galega 100%, Galicia Calidade ou IFS Food. Para vós, como consumidores, estes selos son a garantía de que o leite Feiraco, producido integramente en granxas galegas, conta coa máxima calidade dende a orixe.

 

A alimentación e o coidado das vacas, a nosa prioridade

 

O noso traballo comeza mesmo dende antes de que as vacas dean o leite. Uns animais ben alimentados van producir un leite máis saudable. Os nosos granxeiros reciben asesoramento técnico permanente, dende a fertilización ata a produción de forraxe ou a alimentación das vacas. Ademais, fabricamos os nosos propios pensos e suplementos alimenticios, deseñados á medida das vacas para que poidan producir o mellor leite. Todo isto, unido aos mellores pastos de Galicia, garante a excelente calidade da materia prima.

 

Despois da súa alimentación, o benestar e coidado das nosas vacas é outra das nosas principais preocupacións, xa que diso tamén depende a calidade do leite Feiraco. Unha curiosidade? Canto máis tempo está tombada unha vaca e maior é o fluxo de sangue no seu ubre, maior vai ser a produción de leite. As granxas Feiraco dispoñen dunhas camas especiais que facilitan o seu descanso e comodidade con todas as garantías sanitarias.

 

Controlamos todo o proceso

 

Hixiene alimentaria, trazabilidade e controis sanitarios permanentes ao longo de todo o proceso forman parte do camiño que percorre o leite dende a orixe ata o seu envasado final.

As nosas granxas, todas elas situadas en Galicia, alcanzan de xeito continuado uns parámetros superiores aos esixidos polas normas comunitarias, tanto en materia de saneamento e seguridade alimentaria coma no cumprimento dos máis altos estándares de calidade do leite.

 

Ademais, en Feiraco sempre estamos a traballar para mellorar os seus os nosos procesos de traballo, innovando na creación de produtos lácteos diferenciais no mercado ou probando novas texturas e combinacións de ingredientes co obxectivo de lograr satisfacer os gustos dos consumidores e coidar a súa saúde.

 

E todo, sen esquecer o noso compromiso con Galicia, coa nosa xente e co noso ámbito, que é onde ao final reverte toda a nosa actividade económica.

 

Este é o noso método, a nosa receita, a que levamos coidando e mellorando durante de 50 anos.

Proxecto LACTOLIFE

OS NOSOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN: PROXECTO LACTOLIFE

A Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), apoia a realización de:

Ano 2015 – 2017

  • Proxecto “LACTOLIFE”: Desenvolvemento tecnolóxico de produtos lácteos destinados ao mercado exterior mediante a mellora da súa vida útil. ITC-20151108.
    O proxecto LACTOLIFE ten como obxectivo aumentar a vida útil dun amplo rango de produtos lácteos con el fin de iniciar o aumentar la internacionalización de las ventas, en una región con un excedente en leche, y en respuesta a una creciente demanda de este tipo de productos en mercados emerxentes lonxanos e mellorar a posición nos mercados próximos.
    Este proxecto está realizado por un consorcio de tres empresas: FEIRACO LÁCTEOS, AGRUPACIÓN DE COOP. LÁCTEAS e QUESCREM (INNOLACT), e ten unha duración de dous anos e medio, iniciándose en xullo de 2015 e finalizando en decembro de 2017.
    Este proxecto foi subvencionado por CDTI con fondos FEDER da Unión Europea.

Feiraco Lácteos colabora para a realización deste proxecto con: Innolact, Hiperbaric, Senso, Aula de productos lácteos y tecnologías alimentarias, CNTA e Universidad de Alicante.

Proxectos de Innovación Feiraco

OS NOSOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN

A Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), apoia a realización dos seguintes proxectos:

Ano 2016

  • Feiraco Lácteos S.L.: Proxecto consistente en melloras tecnolóxicas en industria láctea, cun investimento de 103.966,72 euros, para o que se lle concedeu unha axuda pública total de 25.991,68 euros (o 75% financiada polo Feader). Con este proxecto a empresa pretende mellorar a calidade dos produtos e reducir custos.

Ano 2017

  • Feiraco Lácteos S.L.: Proxecto consistente en melloras tecnolóxicas en industria láctea, cun investimento de 150.362,80 euros, para o que se lle concedeu unha axuda pública total de 60.145,12 euros (o 75% financiada polo Feader). Con este proxecto a empresa pretende mellorar a calidade dos produtos e reducir custos.
  • Feiraco Pensos S.L.U.: Proxecto consistente en melloras tecnolóxicas en industria de fabricación de penso para alimentación animal, cun investimento de 32.700,00 euros, para o que se lle concedeu unha axuda pública total de 11.445,00 euros (o 75% financiada polo Feader). Con este proxecto a empresa pretende mellorar a calidade dos produtos e reducir custos.

Proxecto Cattlecare, xestión TIC das granxas galegas CLUN

Nace o proxecto CATTLECARE, un sistema de xestión TIC das granxas galegas

  • As explotacións gandeiras modernizaranse mediante dispositivos que permitirán extraer patróns de comportamento das reses
  • Mellorarase a xestión dos recursos, como o alimento, mediante a automatización da loxística de distribución
  • O consorcio que o desenvolve está formado pola Cooperativa, as empresas tecnolóxicas Conexiona Telecom, Ictel Ingenieros e Gradiant, como entidade que dará soporte ao plan de actuacións

O proxecto CATTLECARE, impulsado por CLUN, a cooperativa de segundo grao nacida da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, marcará un antes e un despois na modernización TIC das explotacións gandeiras. A partir dun consorcio integrado polas empresas tecnolóxicas Conexiona Telecom, Ictel Ingenieros e Gradiant como entidade que dará soporte ao plan de traballo, CATTLECARE márcase como obxectivo a modernización das explotacións gandeiras galegas mediante o desenvolvemento de diversas ferramentas que permitan mellorar a súa xestión a distintos niveis.

O proxecto, analizado nunha Xornada Técnica na sede de Gradiant en Vigo, no Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, pretende mellorar a monitoraxe das reses para extraer datos do comportamento do gando e poder establecer patróns de comportamento que permitan detectar anomalías ou que sexan indicadores de enfermidades, periodo de celo ou procesos de parto. Ademais, CATTLECARE permitirá mellorar a xestión dos recursos nas explotacións como o alimento, mediante a automatización e a optimización da loxística de distribución.

O proxecto, enmarcado no Programa Conecta PEME da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e cun orzamento de máis de medio millón de euros, permitirá crear un dispositivo innovador que, colocado no gando, permitirá non só monitorar o seu grao de mobilidade senon tamén clasificar os tipos de actividades que realizan en cada momento. Ademais, exponse tamén a monitoraxe no tempo real do estado dos silos de penso a través de dispositivos non invasivos de fácil colocación.

Un consorcio con tres empresas multisectoriais e Gradiant

O consorcio que impulsará CATTLECARE está formado por CLUN, cooperativa de segundo grao formada por Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, que se beneficiará da aplicación desta innovación, e as empresas tecnolóxicas Conexiona Telecom e Ictel, deseñadora dos dispositivos.

Pola súa banda, Gradiant como entidade subcontratada dará soporte ás actividades de I+D específicas necesarias para o desenvolvemento do plan de traballo, como redes de comunicacións, sistemas IoT e deseño de dispositivos.

 

CLUN, Cooperativas Lácteas Unidas

cooperativa de segundo grao CLUN nace en xaneiro de 2017 da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto con vocación de ser referencia no sector agrogandeiro galego. Aliñado cos grandes movementos cooperativos europeos, ten tres grandes obxectivos estratéxicos que contribúen á sustentabilidade da produción láctea: integración dos servizos técnicos financeiros para alcanzar unha maior eficiencia dos custos de produción, optimizar as subministracións e agregar volume para mellorar a cadea de valor e contribuír á súa estruturación. CLUN comercializa as marcas Feiraco, Únicla e Clesa.

 
Proxecto financiado pola Axencia Galega de Innovación.

Axuda concedida: 51.338,07€