«Mulleres de Seu», Premio Agader 2018

  • A vicepresidenta de Feiraco e coordinadora deste grupo de empoderamento feminino no rural recolleu hoxe a distinción na categoría Mulleres en presenza do presidente da Xunta
  • A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras 

CLUN premia, un ano máis, as Letras Galegas

  • A cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas
  • Os gañadores da VII edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Arcadio Mallo, Tania Vidal e Susana Villamor, na categoría de adultos; e Lorena Fernández, Ariana Núñez e Nerea Costa, na xuvenil
  • No acto de entrega participaron, entre outros, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, o presidente da Real Academia Galega, o vicepresidente e o director da división láctea de CLUN

Cooperativas Lácteas Unidas consolida unha facturación de 230 millóns de euros en 2017

  • O director xeral de CLUN, José Luis Antuña, expuxo as principais cifras da cooperativa, que facturou o pasado exercicio máis de 125 millóns de euros. Feiraco Lácteos, máis de 76, e Acolat- Clesa preto de 28 millóns. A cooperativa e as súas sociedades investiron máis de 5 millóns de euros en maquinaria e novos envases, sistemas de información e novas tecnoloxías, proxectos de I+D+i e outros activos industriais
  • José Luis Antuña asegurou que Galicia ten condicións para consolidarse como a principal potencia láctea de España e animou a buscar masa crítica para crear alianzas que xeren valor. “Estamos abertos ao futuro, ao crecemento e á integración se ten sentido para a mellora de todos e cada un dos nosos socios”, afirmou
  • O presidente da Cooperativa, José Ángel Branco, destacou os recoñecementos de CLUN durante este ano, síntoma de que “estamos a facer ben as cousas” e lembrou que este Encontro “contribúe a fomentar o orgullo de pertenza ao medio rural e a estimular o traballo colectivo dos nosos socios”

 

CLUN, contra a violencia de xénero

Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), os traballadores e traballadoras de CLUN realizaron paróns e concentracións ás 12:00 h. en todos os centros da cooperativa (Ponte Maceira, Ribadeo, Caldas de Reis, Melide e axencias agrarias), como unha mostra de seu rexeitamento ante calquera tipo de violencia.