Exceleite, os premios ao leite máis excelente!

Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de…

Feiraco cumpre 50 anos liderando o lácteo dende o cooperativismo

  • Máis de 300 persoas entre socios, clientes e colaboradores celebraron o medio século de historia de Feiraco cun acto institucional que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, entre outras destacadas personalidades institucionais
  • Durante o evento fíxose entrega de recoñecementos a diferentes institucións e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as súas diferentes áreas de influencia

O grupo «Mulleres de Seu» lidera o empoderamento feminino no rural galego

• Mulleres de Seu, iniciativa que integra xa a máis dun cento de socias da cooperativa CLUN, organizou un Encontro para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais

• O foro propiciou un espazo de debate sobre a posición das mulleres no mundo rural galego, nunha mesa redonda moderada pola decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, María Emilia Vázquez

• A coordinadora de ‘Mulleres de Seu’, Carmen Rodríguez, presentou o programa que desenvolverá nas próximas datas e fixo unha chamada aos seus integrantes para “continuar crecendo neste proxecto común a favor do liderado das mulleres no rural”