o noso leite por bandeira

O noso leite por bandeira: festexa o Día de Galicia con nós!

Xullo é un mes cheo de celebracións e xa sabedes que en Feiraco somos mooooi de festexar! Esta vez quixemos adiantarnos ó 25 de xullo sacando a bandeira galega, pero non unha calquera, senón unha bandeira co noso leite galego e de cooperativa 🐄 🐄. O NOSO LEITE POR BANDEIRA é a maneira de volver aportar a nosa pinga de leite para poñer en valor aos nosos e á nosa terra, Galicia.

A Terra dos Mil San Xoáns: temos preparada unha sorpresa para ti!

Coñeces a frase que di que Galicia é a terra dos mil ríos? Pois tamén é a terra dos mil San Xoáns. Auga, lume, herbas, meigas… unha morea de rituais para a Noite Meiga.

En Feiraco estamos preparando a caixa das Mil Cousas do San Xoán para que non che falte de nada para o gran día. Estas son as 🌿herbas do San Xoán, queres que chas enviemos á casa? Pois agora podes conseguir as herbas e toooodo o necesario para celebrar esta festa como se merece 🥰

Así nos foi na Semana Verde de Silleda!

Disque polas terras do Deza estivo a cocerse algo moi chulo a semana pasada! En Feiraco sabíamolo e… non podíamos faltar á cita da Semana Verde de Silleda! Montamos e vestimos de gala a caseta de CLUN para a ocasión cos nosos produtos e estivemos rodeados de tan boa xentiña que o pasamos moi moOoOi ben! Uns días emocionantes onde tivemos a oportunidade de coñecervos a moitos e moitas de vós! Alegrounos moitísimo poñervos cara.:)

Letras Galegas 2022

Leite con Letras Galegas Feiraco: únete ao Club Feiraco!

Maaaaarchando leite con Letras Galegas Feiraco! 🐮🥛

En Feiraco temos claro que cando alguén escribe poesía na nosa lingua, chegándonos ao corazón, merece o recoñecemento de todos os galegos e o noso, o primeiro. Por iso, vestimos os nosos envases de Letras Galegas cun deseño novo en homenaxe a Florencio Delgado, o galardoado desta edición, pero co sabor de sempre e que xa podes mercar nas tendas ou supermercados. 😉

Nesta edición especial Día das Letras Galegas atoparás nos envases de Feiraco unha pequena biografía sobre a vida de Florencio Delgado e tamén un dos poemas do seu libro «Galicia Infinda». Un gran exemplo de compromiso coa súa querida Galicia que levou mesmo ata o outro lado do océano, a México, e de aí que estes teñan tamén a bandeira do país que o acolleu no exilio.

 

envases letras galegas feiraco

 

E se es das persoas que sinte que a felicidade reside en ler un bo libro acompañado dunha caneca de leite 100 % galego, faite co Kit Letras Galegas Feiraco.