Alimentando un xeito de ser
Ben sabedes que en Feiraco un dos fitos que máis nos gusta do almanaque… é o Día das Letras Galegas! Levámolo no ADN! Este 2022, como non podía ser doutro xeito, volvemos aportar a nosa particular pinga de leite para poñer en valor a nosa lingua e a nosa literatura, das que estamos taaaan orgullosos.…
Aínda que este ano demostrounos que hai moitas cousas que poden cambiar, hai outras que non o farán nunca… Unha delas é o noso compromiso con Galicia e a nosa vontade de seguir apoiando o noso.
A seguridade alimentaria é un dos aspectos que cada vez preocupa máis aos consumidores. Queres saber que garantías che ofrecemos dende Feiraco? Sigue lendo!
Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de…
Máis de 300 persoas entre socios, clientes e colaboradores celebraron o medio século de historia de Feiraco cun acto institucional que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, entre outras destacadas personalidades institucionais Durante o evento fíxose entrega de recoñecementos a diferentes institucións e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as…
• Mulleres de Seu, iniciativa que integra xa a máis dun cento de socias da cooperativa CLUN, organizou un Encontro para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais • O foro propiciou un espazo de debate sobre a posición das mulleres no mundo rural galego, nunha mesa redonda moderada pola decana da Facultade de Ciencias…
Todos os días son 8 de marzo. Pero hoxe, especialmente, queremos dar un paso adiante polas nosas mulleres porque elas son, sen dúbida, un dos piares da nosa cooperativa.
Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), os traballadores e traballadoras de CLUN realizaron paróns e concentracións ás 12:00 h. en todos os centros da cooperativa (Ponte Maceira, Ribadeo, Caldas de Reis, Melide e axencias agrarias), como unha mostra de seu rexeitamento ante calquera tipo de violencia.
Esforzo, compromiso, valor, entrega, traballo en equipo… Hai case 50 anos un grupo de gandeiros do val da Barcala uniuse co gran soño de crear un proxecto no rural galego movido por todos estes valores. Despois de medio século de andaina, Feiraco é hoxe o triunfo daquel reto, que parecía case unha quimera. Os nosos…
Máis ergonómicos, cero goteos e pregado doado para facilitar a súa reciclaxe.