FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking

  • O xurado, presidido por Amparo Alonso Betanzos, concedeu catro segundos premios a alumnado do IES Rosalía de Castro (2), do IES Brión e do IES Val Miñor de Nigrán

FEIRACO patrocinou a sexta edición dos Premios Stephen Hawking para apoiar o ensino galego da man do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Un centro que entregou o pasado venres o primeiro premio deste certame, dotado con 1.500 €, a Daniela Montoto Pereira, Leyla Villar Abella e Anxo Vázquez Manzano, do IES Blanco Amor de Ourense, polo seu traballo “Demostración e descubrimento automático de teoremas xeométricos mediante bases de Gröbner”, coordinado por Carlos Ferreiro García.

Os galardóns foron entregados o venres no salón de actos do instituto compostelán, nun acto que incluíu unha conferencia de Amparo Alonso Betanzos catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, e un cóctel con produtos de FEIRACO.

O VI Premio Stephen Hawking de Xóvenes Investigadores, coordinado por Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961), foi convocado polo IES Rosalía de Castro e conta coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, FEIRACO, Finsa e Ternera Gallega. O apoio de FEIRACO e CLUN a estes novos investigadores é reflexo da aposta da cooperativa pola innovación, un dos alicerces do noso crecemento e do noso proceso de mellora día a día, buscando sempre a calidade e a eficiencia en todas as fases e procesos da cadea de valor.

Premiados

O xurado concedeu catro segundos premios aos traballos: “Estudo do crecemento e supervivencia de larvas cunha dieta de polipropileno”, de Irene Lazzari Otero do IES Rosalía de Castro (coordinado por Sandra Vázquez Dorado), “Simulación computacional da interacción da magainina con modelos simplificados de membranas bacterianas e de mamíferos sans”, de Mikel Escobar Díaz, Álvaro Francos Martínez e Unai Peral Fernández do IES Brión (coordinado por Virginia Rodríguez Álvarez); “Aproximación á determinación dun índice para a comparación da cantidade de ácido ascórbico e da pegada de carbono en zume de diferentes tipos de kiwis”, de Antía Toinmil Estévez do IES Rosalía de Castro (coordinado por Jesús Fidalgo Fernández); e “Estudo da presenza de microplásticos na costa valmiñorana”, de Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba, o IES Val Miñor de Nigrán (coordinado por César Rodríguez López).

Así mesmo, concedeu dez terceiros premios a alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago (3), Do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago (2), do IES Eusebio da Guarda da Coruña (2), do IES Ramiro de Maeztu de Madrid, do IES Castilla de Soria e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Uns premios merecidos pola calidade científica dos mesmos: “todos os traballos contaban cunha enorme calidade en materia de investigación”, explica o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño. O alumnado tivo dez minutos para expoñer os seus traballos: “Tanto a presentación como a defensa dos rapaces foi moi boa”, engadiu o director, quen tamén quixo destacar o gran número de participación de alumnos e centros educativos.

En total presentáronse hoxe 54 traballos de estudantes de once institutos: nove galegos, un de Soria e outro de Madrid. Os traballos xiraban en torno a dous eixos: a figura de Amparo Alonso Betanzos e a súa contribución á intelixencia artificial; e a lenda desta edición: “Intelixencias”. A bioloxía e xeoloxía foron o campo con maior peso, pero tamén houbo representación en física e química, matemáticas, no ámbito tecnolóxico coa presenza da robótica, das ciencias sociais ou de índole artística.

Os centros que tomaron parte nestes VI Premios Stephen Hawking foron: IES Arcebispo Xelmírez II e IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), IES Brión (Brión, A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Lucus Augusti e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Blanco Amor (Ourense), IES Xermán Ancochea Quevedo (Póboa de Trives, Ourense), IES Val Miñor (Nigrán, Pontevedra), IES Castilla (Soria) e IES Ramiro de Maeztu (Madrid).

No Entroido… Que a festa non pare!

En Feiraco, todo se decide no campo, e un dos campos favoritos dos galegos son: os campos da festa. Por iso, para que este Entroido a festa non pare pola choiva…  SORTEAMOS MOITOS PARAUGAS FEIRACO! 

Queremos asegurarnos de que este ano a choiva non vai ser un empedimento para desfrutar dos festexos do Entroido galego, porque nós, aínda que chova, sempre saímos ao campo! ?

Como participar no sorteo?

Nas nosas caixas de leite de Entroido atoparás a Víctor, gandeiro da nosa cooperativa Clun, e tamén atoparás un código QR que te levará ao formulario para participar no sorteo.

Facelo é moi sinxelo, só tes que:

  1. Mercar unha caixa de leite Feiraco. 
  2. Gardar o ticket de compra e facerlle unha foto xunto coa caixa. 
  3. Completar o formulario que atoparás escaneando o código QR das caixas e tamén, en todas as nosas redes sociais (Non esquezas subir a foto do ticket de compra neste formulario!) 
  4. E listo! 

Ata cando podo participar?

Este sorteo estará activo ata o xoves 29 de febreiro de 2024, ambos os dous inclusive.

Participa e non perdas oportunidade de conseguir o teu paraugas Feiraco!

Moita sorte e… Que a festa non pare!

FEIRACO volve ás camisetas do SD Negreira

Tras máis de 10 anos, FEIRACO volve a estar presente nas camisetas do club de fútbol da localidade de Negreira, o SD Negreira.

Un acordo forxado coa intención de fomentar o deporte galego,  tamén en municipios máis pequenos, como é Negreira, concello onde naceu en 1968, a cooperativa FEIRACO.

Presentación da nova camiseta

A presentación do novo equipamento tivo lugar o pasado venres na sede da nosa cooperativa CLUN en Ames. Nesta presentación, o presidente de CLUN, José Ángel Blanco Purriños e o presidente do SD Negreira, Julián Ferreiro, presentaron a nova camiseta do equipo de 1ª rexional que leva o emblema de FEIRACO.

Esta colaboración é a demostaración de que, dende Feiraco, continuamos co compromiso coa nosa orixe, Negreira, coa xúa xente e co deporte. FEIRACO ten unha grande impronta nesta vila que recibe un impacto económico positivo procedente da relación coa cooperativa e moitos negocios locais, creando así numerosos postos de traballo directos e indirectos.

O pasado domingo, 27 de agosto, o equipo do SD Negreira estreou a nova camiseta no primeiro partido da pretemporada que se xogou no seu campo de fútbol, Jesús García Calvo en Negreira. Esta equipación será a que luzan tamén na nova tempada que da comezo o 10 de setembro coa liga.

Dende a directiva do SD Negreira mostráronse agradecidos polo compromiso dado pola cooperativa e manifestaron que os seus plans son traballar por ampliar base social e tamén conseguir fomentar este deporte nas categorías de recente creación como biberóns, pre benxamíns, benxamíns, alevíns e cadetes.

Unha colaboración que troixo sorte ao fútbol nicraniense

A relacion entre o SD Negreira e FEIRACO remóntase xa ao ano 1981, un acordo que durou ata a tempada 04/05, colaboración que se retoma nesta nova tempada 23/24.

Non só existe a relación de patrocinio, Negreira é unha localidade moi apegada a FEIRACO, proba diso é o campo de fútbol que leva o nome dun dos socios fundadores da cooperativa, Jesús García Calvo, e tamén os numerosos negocios locais e persoas vinculadas a actividade economica que promove Feiraco na vila.

SD Negreira

O SD Negreira celebra este ano o seu 60 aniversario, e faino con boa saúde. Conta con seis categorías infantís e xuvenís de recente creación, un equipo senior e con un equipo principal na categoría 1ª rexional. Máis de 100 xogadores forman esta sociedade deportiva de Negreira que conta con unha ampla base social.

Gaña un novo amuleto para este San Xoán!

O San Xoán galego caracterízase por estar cheo de rituais de purificación e protección. Ademais dos xa tradicionais, quixemos engadir un novo amuleto para conseguir un extra de protección e repartir máis sorte entre os galegos: os sanandresiños. 

Di a tradición que todo aquel que teña os sanandresiños estará sempre acompañado pola sorte. Cada figura representa a sorte nun ámbito distinto:  

A flor para o amor. 

A barca para as viaxes. 

O santo para a saúde e a amizade. 

A sardiña para o alimento. 

A man para os estudos.  

A escaleira para o traballo. 

A coroa para a protección.  

A pomba para a paz.

Pero faltaba un amuleto fundamental para nós, un amuleto que aporte moita sorte ao rural e os gandeiros e gandeiras da nosa terra. Por iso creamos un sanandresiño de vaca para engadir á colección. 

 

Jorge Bellón é un dos poucos artesáns que continúa coa tradición de elaborar estes amuletos tradicionais de San Andrés de Teixido feitos con miga de pan. El foi o encargado de crear esta peza exclusiva que queremos compartir con todos vós nunha das datas máis máxicas do ano: o San Xoán.

Como podo conseguir un destes sanandresiños 

Estamos SORTEANDO 8 ATADOS DE SANANDRESIÑOS EXCLUSIVOS para o San Xoán nas nosas redes sociais.  

Así que, se queres conseguir un destes 8 sanandresiños só tes que seguir os pasos que atoparás no noso Instagram.   

Participar é moi sinxelo! 

Ata cando podo participar?  

O sorteo levarase a cabo dende o xoves 15 de xuño de 2023 ata o venres 23 de xuño de 2023 ás 10.00h.  

Non perdas a oportunidade de ter un extra de protección durante todo o ano grazas aos sanandresiños de Feiraco! ? 

sanandresiños-san-xoan

O XI Certame de Relatos breves xa está en marcha!

 

Como cada ano, dende Feiraco co motivo das Letras Galegas animamos a todos os alumnos e alumnas de Galicia a escribir en galego participando no XI Certame de Relatos Breves que organizamos en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Presentación oficial do certame

O pasado mércores 10 de maio presentamos o certame por todo o alto no emblemático centro compostelán IES Rosalía de Castro.

 

esther-certame-de-relatos-feiraco

Tivemos o privilexio de contar con Esther Estévez como madriña e condutora do acto. Esther compartiu con nós algunha que outra anécdota da súa historia co galego ademais de deixarnos algún aprendizaxe lingüístico.  Sabedes o que significa ‘muxir’? Os alumnos de 1º e 2º da ESO do Rosalía de Castro tivérono bastante claro ?

 

Xabier-Mourino-Letras-Galegas-Feiraco

Xabier Mouriño, director do IES Rosalía de Castro tamén aproveitou a ocasión para contarnos como dende o centro animan a todos os alumnos e alumnas a empregar o galego. Ademais, anunciou a estrea da obra de teatro protagonizada polos alumnos do instituto que se estreaba xustamente ese mesmo día.

 

Valentin-presentacion-certame-de-relatos

Tamén tivemos a sorte de contar coa presenza de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Este recordoulle a todos os rapaces o importante que é o seu papel para que o futuro sexa en galego. Animounos a seguir empregando a nosa lingua e por suposto, a participar no certame.

 

Jessica-certame-de-relatos-feiraco

Jessica Rey, a nosa directora de marketing e comunicación tamén interveu no evento, contándonos o xa histórico compromiso de Feiraco co galego. Tamén nos explicou un pouco máis sobre a iniciativa FALAREI! e a súa conexión co autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, Franciso Fernández del Riego.

Como podes participar no certame?

Poden participar no certame todos os alumnos de 5º e 6º de Primaria e os alumnos de 1º e 2º da ESO de todos os centros de Galicia.

Os alumnos deberán redactar un relato breve en galego que aconteza na Galicia do futuro.

Entre todos os microrrelatos, cada centro deberá seleccionar dous, un por nivel, e subir os elixidos á web falarei.gal antes do día 9 de xuño.

Temos moitos premios en xogo!

Participar no XI Certame de Relatos ten premio seguro. Pois os 1.000 primeiros alumnos e alumnas en participar recibirán un estoxo de Feiraco.

Os finalistas elixidos por cada centro recibirán ademais un caderno de Feiraco.

E para os gañadores ou gañadoras e toda a súa clase Unha excursión a unha das nosas granxas!

 

As bases completas para participar poden consultarse no Portal da Lingua Galega o na nosa web falarei.gal.

 

Cartas de FEIRACO ao apalpador

Este xigante carboeiro baixa das montañas do Courel nas noites do 24 e 31 de decembro para visitar ás nenas e aos nenos galegos, tocándolles as barriguiñas para ver se comeron dabondo durante todo o ano.

En FEIRACO quixemos preparar unhas cartas ben chulas para que poidades imprimir e facerllas chegar ao Apalpador. Seguide lendo?

Continue reading “Cartas de FEIRACO ao apalpador”

Leite solidario para reforestar os montes no Courel

Arranca a nosa campaña solidaria para axudar á reforestación dos montes queimados do Courel! ?? Creamos unha edición especial do noso leite semidesnatado coa imaxe do Apalpador para doar, ao plan de recuperación dos montes, un céntimo por cada litro de leite solidario. Continue reading “Leite solidario para reforestar os montes no Courel”

Nove metros de maxia: celebramos o Día da Muller Rural!

O retrato dunha muller gandeira anónima para representar a todas as mulleres gandeiras e rurais da nosa terra polo día da MULLER RURAL ??‍? cunha fermosa obra do artista Mon Devane. Nove metros de altura de pura maxia! E, como non podía ser doutro xeito, quixemos facelo no corazón do concello máis leiteiro de Galicia: Mazaricos.

Continue reading “Nove metros de maxia: celebramos o Día da Muller Rural!”