Neste Entroido todas as vacas queren ser Feiraco

Con motivo dos festexos do Entroido, os cartóns de leite Feiraco vestíronse de “choqueiros” a través da distribución dunha edición especial dos envases de leite enteiro, leite semidesnatado e leite desnatado. Ademais, regaláronse tres modelos de máscaras distintos nos supermercados de Galicia, as cidades decoráronse con mupis da campaña e realizouse unha campaña específica en…

Día das Letras Galegas 2012

En Feiraco sumámonos á celebración do Día das Letras Galegas 2012, adicado ao pontevedrés Valentín Paz Andrade, coa convocatoria dun concurso de relatos breves a través nosa páxina oficial de Facebook. A campaña completouse con accións específicas en prensa e medios online e a distribución dun marca páxinas deseñado para a ocasión.

Feiraco alimenta un xeito de ser

http://youtube.com/IJavUn1tPQI En Feiraco quixemos agradecer aos nosos consumidores a confianza que depositan nos nosos produtos a través dunha campaña en radio, televisión, publicidade exterior e redes sociais. Baixo o slogan “Feiraco alimenta un xeito de ser”, o eixe creativo busca reforzar e consolidar os nosos valores de marca, como a cooperación, a xenerosidade, o respecto…

Nadal 2012

http://youtu.be/OtZCYVzEeJo En 2012 felicitamos as festas do Nadal cun emotivo anuncio, resultado dun traballo artesanal de reciclaxe creativa. Os briks de leite Feiraco reinventáronse para dar vida a unha aldea galega, na que non faltan elementos tan característicos como a igrexa ou o hórreo. O anuncio, que apela a valores como a tradición, a orixe…

Vive a aventura do Entroido con Feiraco!

Como nos gusta isto de disfrazarnos! Por terceiro ano consecutivo, distribuímos unha edición especial dos nosos envases de leite Feiraco con motivo da celebración do Entroido. Pirata, superheroe e shériff… Quen non se disfrazou algunha vez dalgún destes tres personaxes míticos? Pois as nosas vacas aínda non o fixeran!